
Móbiles de R: Samsung Galaxy A70
Se che gustan os teléfonos grandes, o Samsung Galaxy A70 é o que buscas. Novidade no catálogo de móbiles de R, o irmán maior da nova serie A destaca pola súa pantalla infinita de 6,7 polgadas, tripla cámara traseira de 32+8+5 MPX e frontal de 32 MPX, sensor de pegada dixital integrado en pantalla, batería de 4.500 mAh e carga rápida. Entra na nosa tenda móbilR e lévao en cor negra.
Deseño
O tamaño importa se o que valoras é desfrutar dos teus contidos multimedia ou xogos nunha pantalla Infinity-U de 6,7 polgadas FHD+ (resolución 1080 x 2400) e relación de aspecto 20:9.
A pesar das súas grandes dimensións, 164 x 77 x 8 mm, ofrece un agarre cómodo grazas ao seu deseño 3D e parte traseira de glasstic, unha combinación innovadora de cristal (glass) e de plástico (plastic) .
Chama a atención o sensor de pegada dactilar integrado na pantalla para que resulte máis práctico e seguro desbloquear o teu A70. Podes entrar cun só toque. Pero tamén funciona con recoñecemento facial situándoo fronte á túa cara.
Cámara
Tres cámaras por detrás e unha por diante. E todas elas máis que potentes.
O Galaxy A70 conta con tripla cámara na parte traseira:
- cámara de profundidade 5 MPX (f2.2): axusta a profundidade de campo antes e despois do disparo para un acabado profesional.
- cámara principal 32 MPX (f1.7): fotos nítidas e brillantes de día e de noite.
- cámara ultra grande angular 8 MPX con campo de visión de 123º: : capta a escena igual que a ven os teus ollos. Poderás facer fotos panorámicas que serán a envexa dos teus amigos nas redes sociais.
A intelixencia artificial do A70 optimiza e mellora as escenas, ademais de obter niveis óptimos de brillo e saturación. E non só iso, detecta pestanexos, desenfoques e contraluces e avísate para que volvas sacar a foto.
A cámara frontal ten nada menos que 32 MPX, así terás os mellores resultados nos teus selfies en calquera condición de luz. Ademais, podes desenfocar o fondo e axustar a profundidade de campo para que pareza feita por un estudo.
Hardware
Móbil dual nanoSIM con memoria de almacenamento de 128GB (64GB dispoñibles para usuario) que podes ampliar ata 512GB cunha tarxeta microSD.
Procesador octa-core 1,7 Ghz, RAM de 6GB e sistema operativo Android 9 con interface One UI. Hardware e software combínanse para que poidas acceder rapidamente ás túas funcións e contidos favoritos. Usa o modo noite para ver mellor a pantalla en lugares escuros.
Destacabamos ao principio a súa batería de 4500 mAh, que che dará autonomía para moitas horas de charla, vídeos e música. Para cargalo, tardarás o que dura un anuncio . A carga súper rápida de 25 W aforrarache tempo e cables.
Samsung non defrauda co seu Galaxy A70, grande, completo e económico. Faite con el na nosa tenda móbilR.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata pronto!
5 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Alta nueva
Hola,taria ben que os terminales foran mais asequibles no precio que teñen, as facilidades de pago tan ben pero o precio final sale elevado.Un saudo
Este telèfono no es capaz de recibir SMS multimedia. Hasta 4 tecnicos de R intentaron configurarlo y fracasaron. Espero que lo arreglen pronto porque en caso contrario tendré que devolverlo.
Hola, Miguel.
Escríbeme a quecheparece@mundo-R.net con lo que te ocurre y los datos del titular y paso aviso a los técnicos para que contacten contigo.
Un saludo y disculpa las molestias.
Tengo que probarlo