menú
Móviles de R Samsung Galaxy A6

Móbiles de R: Samsung Galaxy A6

18/06/2018
Blog R

Novidade no catálogo de móbiles de R. Damos a benvida ao Samsung Galaxy A6, a opción intelixente se queres bo rendemento, multitarefa e ata un xestor móbil persoal a un prezo moi bo. A todo isto, súmalle pantalla infinita de 5,6”, cámara frontal de 16MPX, 32GB de memoria (16 libres), 3GB de RAM, 3000 mAh de batería, procesador octa-core de 1.6Ghz e Android 8.0. Cambia de móbil este verán por 13€/mes durante 24 cotas.

Deseño

Samsung renova a súa gama media cun novo modelo da serie A. O Samsung Salaxy A6 ten unha pantalla infinita sAMOLED Full HD sen case marco. Desfruta dunha experiencia inmersiva en 5,6 polgadas cunha resolución realista e un contraste sorprendente.

Deseño metálico con sensor de pegadas na parte traseira para desbloquealo rapidamente e iniciar sesión en apps e webs. Pero non é a única maneira, a súa tecnoloxía de recoñecemento facial permitirache acendelo nun momento con só enfocar a túa cara.

Cámara

A cámara principal de 16MPX conta cunha apertura focal f1.7, autofocus e flash. Coa súa cámara frontal de 16MPX sairás sempre perfecto nos selfies tanto de día como de noite grazas á súa apertura focal f1.9 e aos tres niveis de luminosidade do seu flash frontal. Evitará os brillos e sairás sempre iluminado.

E para que desfrutes aínda máis dos teus recordos, o A6 ofréceche distintos modos de cámara, filtros e adhesivos para que sexas a envexa en Instagram .

Hardware

Móbil dual nanoSIM cunha capacidade de almacenamento de 32GB (16GB dispoñibles para usuario). E se non che caben todos os vídeos que vas facer nos festivais e orquestras, podes meterlle unha traxeta microSD de ata 256GB.

Procesador octa core 1.6Ghz, memoria RAM de 3GB e sistema operativo Android 8.0 para un bo rendemento e fluidez. E algo que che gustará moito, a función Par de Apps que, como o seu nome indica, che permite utilizar dúas aplicacións á vez. Así podes ver o viral de YouTube e comentalo por Messenger á vez.

Móviles de R Samsung Glaxy A6 Par de Apps

Outro detalle que che facilitará a vida, o sistema automático de control de wifi. O A6 lembra que wifis utilizaches e conectarase de novo a elas se estás dentro do rango. E cando te saias do seu alcance, desconectarase da wifi para que non gastes batería.

E falando de batería, 3.000 mAh. que che darán a autonomía suficiente para whatsapear o que queiras e máis.

Outros

  • carpeta seguro: protexe as túas fotos, documentos e mensaxes nun espazo privado para que só ti poidas acceder.
  • Bixby: o teu novo xestor móbil persoal que traduce documentos, crea recordatorios segundo a hora e o lugar no que estás, mostra as notificacións, aprende de ti…
  • Dual Messenger: mantén separados os teus chats persoais e de traballo. Engade dúas contas distintas nas túas apps de mensaxería.

Non está nada mal, eh! Pois xa estás a tardar en facerte con el. Entra na nosa tenda móbilR e lévao en cor negra.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.