menú
Móviles de R Samsung Galaxy A40

Móbiles de R: Samsung Galaxy A40

26/04/2019
Blog R

Seguimos incorporando modelos da nova serie A de Samsung ao catálogo de móbiles de R. Presentámosche o Samsung Galaxy A40: pantalla infinity de 5,9” Super AMOLED, cámara traseira dual de 16+5 MPX, cámara selfie de 25 MPX, sensor de pegada dactilar, batería de 3100 mAh, 4GB de RAM e memoria de almacenamento de 64GB (32GB libres). E o mellor é o seu prezo, 10€ durante 24 meses. Lévao en cor azul na nosa tenda móbilR.

Deseño

Pantalla infinity de 5,9 polgadas FHD+ (2340 x 1080) con tecnoloxía Super AMOLED para cores máis vibrantes e con gran nivel de detalle.

Deseño delgado e elegante, mide 144,4 x 69,2 x 7,9 mm e pesa 140 gr. O seu frontal completo de cristal combínase cunha minimalista parte traseira en 3D, de aspecto de cristal e esquinas curvadas, para unha maior ergonomía. Precisamente na parte traseira sitúa Samsung o lector de pegadas dixital para desbloquear o teléfono.

Cámara

Os móbiles de gama de entrada con tripla cámara xa son unha realidade e o A40 non é unha excepción. A cámara principal dual conta cunha cámara de 16 MPX e apertura F1.7, coa que conseguirás imaxes nítidas e brillantes de día e de noite; e unha cámara ultra gran angular de 5 MPX cun campo de visión de 123º, ideal para paisaxes e fotos de grupo.

A cámara principal ten nada menos que 25 MPX para selfies de calidade profesional. Ademais, podes usar a función selfie focus para desenfocar o fondo ou activar o modo Smart Beauty.

E con todo isto, xa estás listo para crear o teu propio AR emoiji . Divertiraste poñéndolle filtros e selos ás túas fotos e compartilas en redes sociais.

Hardware

E se ademais de creativo es dos que gozan ao máximo xogando dende o móbil, terás unha gran rapidez mesmo en xogos de gran esixencia gráfica. Potencia e rendemento danse a man grazas aos seus 4GB de RAM e 64GB de ROM.

Terminal dual nanoSIM con 64GB (32GB libres) de memoria de almacenamento que podes ampliar ata 512GB cunha tarxeta microSD.

De autonomía vai máis que sobrado. Os seus 3100 mAh daranche autonomía para todo o día, reproducir vídeos e chamar por teléfono.

Xa tes unha escusa para cambiar de móbil, argumentos sobran. Entra xa na nosa tenda móbilR e leva o Samsung Galaxy A40.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Javier di:

    Una pena, el pasado martes pasé por su tienda en As Cancelas preguntando por ese modelo y me dijeron que aún no estaba disponible, y como era para un regalo al final compré otro en otra tienda.