menú
Móviles de R Samsung Galaxy Tab A 10.1” 32GB wifi

Móbiles de R: Samsung Galaxy Tab A 10.1” 32GB wifi

16/03/2018
Blog R

Incorporamos ao catálogo de móbiles de R a tablet Samsung Galaxy Tab A 10.1” 32GB wifi. Ideal para que os peques se entreteñan con Frozen ou desaten o seu lado creativo co Modo Niños 4.0. Pero non só eles, ti poderás desfrutar dos teus contidos favoritos conectando directamente a tablet á tele mediante Wi-Fi Direct. Ademais, poderás chamar e recibir alertas das túas redes sociais do teu móbil na tablet. Lévaa en cor negra.

Verás as túas películas e xogos cunha nitidez e realismo sorprendentes, grazas á súa pantalla WUXGA de 10.1”. Deseño minimalista e elegante, mide 254,2 x 155,3 x 8,2 mm e pesa 525 gramos.

Como che diciamos, sincronízase co teu móbil para que poidas recibir na pantalla da tablet as alertas de Facebook ou Instagram. E coa función Quick Reply respondes e segues directamente as túas notificacións dende a pantalla, sen ter que coller o móbil.

Sync Samsung Galaxy Tab A 10.1” 32GB wifi

Virache de marabilla para non morrer de aburrimento no tren ou no bus. Pero se estás na casa, o mellor é que conectes a tablet ao televisor a través de Wi-Fi Direct para compartir e ver contido sen cables. Moi cómodo, en modo sofá e manta .

Os nenos sacaranlle moito partido, ademais de ideal para ver os seus dibus favoritos en calquera lugar, ten o Modo Niños 4.0. Isto permítelles ter máis espazo para debuxar ou experimentar con novos efectos de son. E dispón dun moi bo sistema de control parental, ti podes axustar o tempo de uso e bloquear aplicacións ás que non queres que entren. Mellor que a Supernanny .

Para sacar fotos tes unha cámara traseira de 8 MPX con apertura focal f/1.9 para que as túas instantáneas saian perfectas aínda con pouca luz. Aínda así incorpora flash. E para facer selfies, opta pola cámara frontal de 2MPX.

A memoria de almacenamento é de 32GB (16GB dispoñibles para o usuario), pero podes ampliala cunha tarxeta microSD ata 200GB. RAM de 2GB, procesador octa core 1,6 Ghz e sistema operativo Android 7.0. A batería ten unha capacidade de 7300 mAh., coa que poderás reproducir os teus vídeos ata 13 horas. Eses son uns cantos episodios .

Non quedes sen este imprescindible a un prezo moi bo. Entra na nosa tenda móbilR e lévaa:

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Carlos di:

    El precio muy bueno precisamente no es, sale por 288 €.