menú
Móviles de R Samsung Galaxy S9+

Móbiles de R: Samsung Galaxy S9+

14/08/2018
Blog R

O novo buque insignia de Samsung xa está no catálogo de móbiles de R. Se o Galaxy S9 é perfecto, o Samsung Galaxy S9+ é a perfecta perfección. Non só porque vai un paso máis aló na pantalla, ofrecéndoche 6,2″, con 16 millóns de cores e unha resolución de 2960×1440. Senón porque o seu procesador 1.7Ghz octa-core fai lento a calquera fórmula 1.

A cámara tamén ofrece unha experiencia incrible: permíteche converter unha foto túa en emoji, desbloquear o terminal ao recoñecer a túa cara e sacar fotos profesionais. Por último, só nos queda falar dos seus 6GB de RAM, dos 64GB de memoria interna (32GB libres), do sistema operativo Android 8.0 con dual-SIM e da batería de 3.500 mAh. Lévao en cor negra.

Deseño

Se che gustan os móbiles grandes, o S9+ venche como anel ao dedo. Pantalla de 6,2 polgadas con 2960×1440 de resolución e 16 millóns de cores. Mide 158,1 x 73,8 x 8,5 e pesa 189 gramos.

Perderaste na súa pantalla infinita, con menos marco, frontal completo de cristal, pantalla de extremo a extremo e curva nos bordos para que todo sexa imaxe. Ademais, se estás ao exterior a pantalla aumenta o seu contraste, para que os raios do sol non reflictan e che impidan ver. E para que sexas o rei da praia, son 10 cos seus altofalantes AKG con Dolby Atmos.

O S9+ resiste á auga e ao po, así que as salpicaduras lle escorregan . Pero sempre precaución, resiste a auga ata 1,5 metros en auga doce durante 30 minutos e é necesario secalo despois.

Para desbloquealo tes varias opcións: escáner de iris, recoñecemento facial, sensor de pegada dactilar, patrón, contrasinal e PIN. O S9+ inclúe un escáner intelixente que combina recoñecemento facial e escáner de iris, para que aínda con pouca luz desbloquees o teu móbil ao instante. Xa ves que podes estar tranquilo porque está máis que blindado .

Cámaras

As cámaras do S9+ adáptanse como o ollo humano a distintas situacións. A traseira de 12 MPX ten instalado un obxectivo Apertura Dual para que con moita ou pouca luz saques fotos perfectas. O modo de apertura F2.4 ofréceche as imaxes máis nítidas a plena luz do día. E o modo F1.5, faino se está escuro.

Ademais, conta con estabilizador óptico de imaxe (OIS) para que as fotos saian nítidas aínda que o teu pulso non sexa o dun cirurxián .

O S9+ inclúe enfoque dinámico para que os rostros cobren todo o protagonismo. E podes engadir filtros bokeh para converter as luces do fondo en figuras, corazóns, estrelas, etc.

A cámara do S9+ traduce en tempo real un cartel ou texto noutro idioma, galego incluído. É o que ten o Live Translation, sir:

 

Adorarás ao teu S9+ porque che permite crear un emoji en realidade aumentada á túa imaxe e semellanza, ou máis guapo aínda. Pódeslle poñer os complementos que queiras e reproducirá os teus movementos e expresións. Só tes que facerte un selfie coa cámara frontal de 8 MPX e tunealo .

E algo moi molón que ten é modo Super Slow-mo. O S9+ fotografía realmente rápido, a 960 fotogramas por segundo, grazas ao sensor super speed. Ademais, podes crear un GIF do vídeo en Slow-mo con tres tipos de bucles: marcha atrás, cara adiante ou movemento. Serás o máis en Instagram se segues estes pasos sobre como gravar Slow-mo:

 

Rendemento

O que máis destaca é a súa capacidade de almacenamento, 64GB de memoria interna (32GB libre para o usuario). Tes espazo para unha viaxe á volta ao mundo. E se queres máis, podes meterlle unha tarxeta microSD para chegar aos 400GB.

Ademais, ten dúas rañuras SIM (dual nanoSIM) para que poidas ter no mesmo móbil o teu número persoal e o do traballo.

O S9+ dáche máxima fluidez e velocidade na multitarefa, poderás facer varias cousas á vez coma se nada grazas á combinación dun potente procesador octa core 1,7 Ghz e unha memoria RAM de 6 GB. Incorpora o sistema operativo Android 8.0.

E durar durarache máis que as pilas Duracel. A súa batería de 3500 mAh. darache moita autonomía sen ter que cargar nun bo tempo. E agora, se o queres adquirir por separado, podes cargalo sen necesidade de cables.

Agora que xa o coñeces, Ana Morgade faiche un resumo moi visual para que vexas como funcionan todas estas opcións:

 

Pódese mellorar a perfección? Si. O Samsung Galaxy S9+ vai un paso máis aló e ofréceche un móbil de gama alta co mellor rendemento e garantía. Entra na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.