menú
Móviles de R Samsung Galaxy Note 9

Móbiles de R: Samsung Galaxy Note 9

09/11/2018
Blog R

Chega ao catálogo de móbiles de R el Samsung Galaxy Note 9, un terminal pensado para os que o queren todo. O Note 9 e o seu S-Pen fan posible o imposible: pantalla de 6,4” e 2960×1440 de resolución, batería infinita de 4000 mAh, enorme potencia, resistencia á auga e ao po, S-Pen con tecnoloxía Bluetooth, memoria de 128GB (ampliable ata 512GB) e cámara traseira dual de 12 MPX+12 MPX e frontal de 8 MPX. Entra na nosa tenda móbilR e faite con el en cor negra por 34€ durante 24 meses e un pago inicial de 199€.

Deseño

Pantalla infinita de 6,4″ con resolución Quad HD+ e tecnoloxía Super AMOLED. Ten menor marco metálico, unha parte frontal completa de cristal e unha pantalla de extremo a extremo pensados para que goces máis do seu S-Pen.

O novo lapis de Samsung é aínda máis intelixente grazas á tecnoloxía Bluetooth. Poderás facer fotos, pasar diapositivas das túas presentacións, pausar vídeos ou controlar apps presionando o seu botón. E para cargalo só tes que colocalo dentro do móbil e con tan só 40 segundos, terás 30 minutos de autonomía. E todo isto sen afialo .

Resiste ao po e á auga, pero tampouco é para facer submarinismo con el. Podes mergullalo ata 1 metro e medio de profundidade e un máximo de 30 minutos, así que coidado.

E para desbloquealo, Samsung ofréceche bastantes posibilidades, porque cada un somos un mundo : escáner intelixente que combina recoñecemento facial e escáner de iris, pegada dactilar, contrasinal, patrón ou PIN.

Antes de ver máis detalles, bótalle un ollo porque excederá as túas expectativas:

Cámara

Cámara dual traseira de 12 MPX+12 MPX con zoom óptico X2 e con apertura dual F1.5 para deixar pasar máis luz cando está escuro e F2.4 para conseguir máis nitidez.

A cámara do Note 9 soluciona os problemas máis habituais cando facemos fotos: a escuridade e o movemento. Se hai pouca luz non te preocupes porque o enfoque dinámico encárgase de todo. Se detecta que está escuro, fai máis dunha foto e combínaas para obter unha imaxe máis nítida. E o seu dobre OIS ( estabilizador óptico de imaxe) corrixirá o tremor da túa man.

E se non fose suficiente, a cámara principal detecta erros como ollos pechados, escenas a contraluz… e avísate para que poidas corrixilo.

Dous detalles que farán que o petes en redes sociais:

  • Super slow-mo: permíteche gravar vídeos a velocidade de 960 fotogramas por segundo, superlentooooo
  • AR emoji: crea o teu avatar, faite un selfie ou grávate e aprenderá a moverse a partir dos teus movementos

E non nos esquecemos da súa cámara frontal de 8 MPX. Agora serache máis fácil que nunca sacar os teus selfies, o S-Pen o fai por ti, só tes que presionar o seu botón e sorrir, claro.


Hardware

Móbil dual nanoSIM para que poidas usar dous números diferentes no mesmo terminal. De almacenamento irás sobrado cos seus 128GB de memoria (64GB dispoñibles para usuario), ampliables con tarxeta microSD ata 512GB. Caberache ata O Quixote .

Notarás unha gran rapidez á hora de xogar, ver vídeos ou realizar varias tarefas grazas aos seus 6GB de RAM e o seu procesador de 10 nm. O Note 9 está optimizado para xogar, xa que o seu sistema de refrixeración por carbono e auga evita que se quente de máis o procesador.

E para que poidas xogar máis, falar máis, whatsappear… unha batería de longa duración de 4.000 mAh. Aí é nada.

Superou as túas expectativas? Pois faite con el na nosa tenda móbilR e goza dun dos mellores móbiles do ano.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.