menú
Móviles de R Samsung Galaxy Note 8

Móbiles de R: Samsung Galaxy Note 8

05/01/2018
Blog R

Moitos estabades pedíndoo e xa está aquí. Incorporamos ao catálogo de móbiles de R o novo Samsung Galaxy Note 8. A súa cámara dual e o S Pen daranche moito xogo, xa verás. E tanto que verás na súa pantalla infinita de 6,3 polgadas. Resiste á auga e ao po, podes cargalo sen necesidade de cables e permite varios sistemas de desbloqueo, a través do recoñecemento de iris do ollo ou a túa pegada dactilar. Ademais, destaca polo seu rendemento, grazas aos 6 GB de RAM. Imos velo en detalle, porque ten moito que contar. Lévao en cor negra por 43€ ao mes durante 24 cotas e un pago inicial de 49€.

Deseño

A pantalla infinita máis grande que cabe na túa man. A pesar das súas 6,3 polgadas ten un deseño estreito e curvas simétricas para que poidas collelo facilmente. Mide 162,5 x 74,8 x 8,6 mm e pesa 195 gramos. O Galaxy Note 8 ten un menor marco, un frontal completo de cristal e unha pantalla de extremo a extremo con resolución 2960 x 1440 (Quad HD+). Con semellante pantallaza terás unha perspectiva máis ampla, para que vexas as películas como nunca, e desates a túa vea artística co S Pen.

O seu formato de pantalla 18,5:9 está pensado para multitarefa, podes ter dúas apps abertas ao mesmo tempo, e para que fagas menos scroll.

O botón de inicio atópase integrado debaixo da pantalla e o lector de pegadas dixitais está na parte traseira. Podes desbloquear o teu Galaxy Note 8 coa túa pegada, pero tamén cos teus ollos. Ninguén poderá entrar nel, blindado por escáner de iris, escáner de pegada dactilar, recoñecemento facial, patrón, contrasinal e PIN. Máis seguro que unha caixa forte .

Resiste ao po e á auga, pero coidado só ata 1,5 metros, en auga doce e como moito durante 30 minutos.

E aquí está o Note 8:

 

 

S Pen

O lapis do Galaxy Note 8 darache moito xogo. Debuxa os teus propios emojis, escribe á man sobre unha foto, crea GIF animados e envíaos aos teus amigos con Live Message. E moi interesante, podes escribir notas sen ter que acender a pantalla. Tes unha chea de pinceis, lapis e cores para facer os teus debuxos. E se te atreves, compárteos na app PEN.UP.

Cámaras

A cámara traseira Sensor Dual Pixel de 12 MPX permitirache sacar fotos con moita nitidez, grazas ao seu zoom óptico de dous aumentos. O efecto borroso desaparece co estabilizador óptico de imaxe. E non importa que agora anoiteza antes, a cámara do Note 8 está deseñada para a noite. Os seus píxeles máis grandes e a súa lente brillante de f1.7 captan máis luz.

Gústanos o resultado que dá o Live focus, que permite facer fotos Bokeh (desenfoque do fondo) antes e despois de disparar. O modo Pro déixache axustar o balance de brancos e a cámara lenta permitirache facer vídeos chulos como este:

 

A cámara frontal para os teus selfies ten 8 MPX, lentes brillantes f1.7 para escenas con pouca luz e Smart Auto Focus que detecta os rostros.

Hardware

Para almacenar fotos, apps, música, etc. tes unha memoria interna de 64 GB (50 GB dispoñibles para usuario), que podes ampliar cunha tarxeta microSD ata 256 GB. Ademais, é dual SIM para que poidas utilizar dúas tarxetas diferentes.

O Samsung Galaxy Note 8 sorprenderache pola súa rapidez e fluidez en multitarefa, grazas ao seu procesador de 10 nm e os seus 6 GB de RAM. A súa compatibilidade con Gigabit LTE e Gigabit Wi- Fi ofréceche unha velocidade de conexión superior, xa que aproveita as velocidades da rede que poden chegar a alcanzar 1 xiga por segundo.

E se es dos que usa moito o móbil para xogar, terás unha experiencia única. A API Vulkan establece unha conexión rápida entre procesadores e gráfica para que sexa máis fluído.

De autonomía non anda mal, a súa batería non extraíble de 3300 mAh durarache bastante. Ademais, cargarala sen necesidade de cables. Iso si, o cargador sen fíos véndese por separado.

O sistema operativo que monta é o Android 7.1.1.

Como ves, un gama alta moi, pero que moi ben equipado. Faite con el na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

8 comentarios

  1. FanGadget di:

    Boas. Estariades interesados en cooperar con nos con iste terminal? Gustarianos facer un video na nosa canle de youtube, e un artigo na nosa paxina web. 🙂

  2. Javier di:

    Siguen siendo muy caros los terrminales, en comparación con otras tiendas. Lo único atractivo es poder pagarlos en 24 meses, porque los puntos no sirven para nada.