menú
moviles-de-r-galaxy-j6plus-338x685

Móbiles de R: Samsung Galaxy J6+

05/02/2019
Blog R

Samsung aterra de novo no catálogo de móbiles de R. O Samsung Galaxy J6+ busca un dono sofisticado, ao que lle guste o deseño e desfrutar da súa pantalla infinita de 6 polgadas. É a ti a quen busca? Pódelo levar na nosa tenda móbilR en color vermello ou gris por 9€ ao mes durante 24 cuotas.

A súa pantalla infinita sorprende a propios e estraños. Os seus 6″ con resolución HD+ e o seu deseño lixeiro e compacto permítenche gozar do mellor contido. Encaixa perfectamente na túa man e transmite pura sofisticación. Conta cunha cámara dual, a principal de 13MPX e a segunda de 5MPX, para facer fotos con efecto bokeh de aspecto profesional. Redondean o conxunto o seu procesador quad- core 1.4Ghz, os seus 3GB de RAM, 32GB de memoria (16GB libres), a súa dual SIM, a súa batería de 3300mAh e o seu sistema operativo Android 8.1.

Deseño

O seu deseño redondeado convérteno nun móbil moi manexable e cómodo de soster na túa man. Conta cun acabado brillante que lle dá un toque de estilo e sofisticación.

A súa pantalla infinita de 6” e a función Par de Apps son as responsables de que este terminal teña dispoñible a función multitarefa. Grazas a elas poderás falar cos teus amigos por Messenger e ao mesmo tempo seguir vendo un vídeo.

Nun dos seus laterais está situado o sensor de pegada dactilar co que tamén poderás acceder a diferentes apps e webs. E por se fose pouca a seguridade, tamén poderás desbloquear o móbil con só enfocar a túa cara, a través da tecnoloxía de recoñecemento facial.

Cámara

A súa cámara principal é dual, de 13 PX ( F1.9) e de 5MPX ( F2.2) e a súa cámara dianteira é de 8 PX. Poderás sacar unhas fotos cun aspecto moi profesional, grazas ao efecto bokeh que axuda a que determinados obxectos e formas destaquen sobre outros elementos da imaxe.

Dispón de enfoque dinámico, co que poderás axustar manualmente a profundidade de campo antes e despois de disparar. E para facilitarche aínda máis a vida, poderás colocar o botón de disparo flotante en calquera parte da pantalla do móbil. Desta forma, non haberá foto que se che resista sexa cal for a posición na que esteas .

E se o teu son os selfies, o flash de tres niveis da cámara dianteira permitirache obter os retratos con mellores condicións de luz.

Móviles de R Samsung Galaxy J6+

Hardware

Dispón dun procesador quad- core de 1.4Ghz, de 3GB de RAM, Android 8.1 e dunha batería de 3300mAh que che dará moita autonomía.

Compleméntao unha memoria de almacenamento de 32GB (16GB dispoñibles para usuario) que se poden ampliar cunha tarxeta microSD de ata 512GB.

E para facilitarche a vida profesional e persoal, dispón dunha dual SIM.

Encaixa no que estás a buscar?, entra na nosa tenda móbilR e faite con el.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Domingo di:

    Sigo diciendo que R es pesetera de narices no regala nada ni a los que somos clientes de muchos años yo tengo cuatro líneas y los terminales los compre pero en más de diez años que llevo nunca pero nunca me llamaron para regalarme ni un bolígrafo.