menú
Móviles de R Samsung Galaxy J4+

Móbiles de R: Samsung Galaxy J4+

28/11/2018
Blog R

Atopa no catálogo de móbiles de R, o que máis se axusta ás túas necesidades. Se queres un smartphone económico, pero sen renunciar ao deseño e ás mellores prestacións, o que buscas é o novo Samsung Galaxy J4+. Lévao en cor negra ou dourada por 8€ durante 24 meses.

Deseño

As pantallas grandes pero que caben na túa man son un básico. Por iso as 6″ do Samsung Galaxy J4+ coa súa pantalla infinita HD+ e un ratio de aspecto de 18.5:9 serán o teu mellor aliado. Gozarás do seu deseño compacto e redondeado, ademais da súa cor brillante, que lle dá ao móbil un toque de sofisticación e de estilo.

A súa pantalla infinita e a función Par de Apps, resultan perfectas para realizar multitarefa. Así poderás ver un vídeo mentres falas cos teus amigos por Messenger.

E para desbloquealo rapidamente, só tes que enfocar a túa cara e a súa tecnoloxía de recoñecemento facial fará o resto.

Cámaras

Saca as mellores fotos coa súa cámara principal de 13MPX (F1.9) e a súa frontal de 5MPX (F2.2). Sempre obterás imaxes perfectas aínda con pouca luz, ademais o seu flash dianteiro de tres niveis fará que saias perfecto tamén de noite.

E para tunealas ao teu gusto, o J4+ ofréceche distintos modos e filtros creativos, selos, stickers de realidade aumentada ou selfies focus.

Hardware

Móbil dual nanoSIM, cunha memoria de almacenamento de 32GB (16GB libres para usuario) que podes ampliar ata 512GB cunha tarxeta microSD.

Finalizan o conxunto o seu procesador quad-core de 1.4Ghz, 2GB de RAM, o seu Android 8.1 e a batería de 3300 mAh que che dará moita autonomía.

Móviles de R Samsung Galaxy J4+ apps

Se é o que estás a buscar, entra na nosa tenda móbilR e faite con el.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.