menú
Móviles de R Samsung Galaxy A20e

Móbiles de R: Samsung Galaxy A20e

25/06/2019
Blog R

Samsung pensa en todos os usuarios e lanza na súa gama A o Galaxy A20e. Novidade no catálogo de móbiles de R, é sinxelamente bonito, como todos os novos modelos do fabricante coreano. Pantalla de 5,8” Infinity-V, tres cámaras, sensor de pegada dactilar e carga rápida de batería son algúns dos seus acenos de identidade. Lévao en cor negra na nosa tenda móbilR.

Deseño

Pantalla de 5,8″ Infinity-V con frontal completo de cristal e sen marcos coa que desfrutarás aínda máis dos teus xogos e series. Resolución 720 x 1560 ( HD+) e tecnoloxía PLS TFT LCD.

Adaptarase perfectamente á túa man grazas aos seus só 8 mm de grosor. E a parte de tipín, presume dun deseño elegante e estilizado con curvas limpas e o sensor de pegadas dactilar situado na parte traseira do smartphone.

Cámara

A cámara traseira dual ten unha lente de 13 MPX con apertura f/1.9 e outra grande angular de 5 MPX con apertura f/2.2 e un campo de visión de 123º, semellante ao do ollo humano. A cámara principal do A20e inclúe, ademais autofocus, flash e zoom ata 4x. Sacarás fotos brillantes e nítidas en calquera condición de luz.

A cámara frontal de 8 MPX e apertura f/2.0 ofrece interesantes funcións para que saias perfecto nos teus selfies. Poderás desenfocar o fondo da escena para que ti sexas o auténtico protagonista e co modo Smart Beauty mostrarás a túa mellor cara.

E se queres customizar as túas imaxes, proba os divertidos stickers e filtros.

Hardware

Móbil dual nanoSIM con capacidade de almacenamento de 32GB (16GB dispoñibles para usuario) que podes ampliar ata 512GB cunha tarxeta microSD.

En canto a rendemento, darache o máximo co seu procesador octa-core 1,35 Ghz, os seus 3GB de RAM e o seu sistema operativo Android 9.0 con One UI. Hardware e software combínanse para que poidas acceder rapidamente ás túas funcións e contidos favoritos. Usa o modo noite para ver mellor a pantalla en lugares escuros.

Doutra banda, esquécete de cargar cada pouco o móbil coa súa batería de 3.000 mAh. Ademais, coa tecnoloxía de carga rápida de 15 W, o teu A20e estará a lume de biqueira de batería en tan só uns minutos.

O Galaxy A20e é sinxelamente bonito. Faite con el na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

6 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Silvia Anes di:

    Cuánto sale al mes? Es decir pagándolo por cuotas en la factura del teléfono.

  2. Avatar Nelsa di:

    Me gustaría saber si este móvil también es 4G