menú
Móviles de R Los chollos de octubre

Móbiles de R: os choios de outubro

04/10/2019
Blog R

Pensando en cambiar de teléfono no outono? Elixe o teu entre estes choios do catálogo de móbiles de R. Leva o Xiaomi Mi 9 por 20€, o Honor 20 Lite por 10€ ou o Huawei P Smart 2019 por 7€. Entra na nosa tenda móbilR e faite co teu.

Xiaomi Mi 9

O Xiaomi Mi 9 é un móbil de gama alta, pero a un prezo moi inferior ao que terías en prestacións con calquera outra marca. Ofréceche unha pantalla grande de 6,40″, parte traseira en cristal, con lector de pegadas integrado na pantalla, as mellores cámaras con Intelixencia Artificial e o último en procesadores. As fotos do Xiaomi Mi 9 non envexan as de calquera cámara profesional: tes tres cámaras principais, a primeira de 48 MPX con sensor de Sony, outra con teleobxectivo de 12 MPX e un ultra grande angular de 16 MPX. Por último, ofréceche unha cámara selfie de 20 MPX. Poderás gardar todas as imaxes e vídeos que queiras grazas ao almacenamento de 128GB (64GB libres) e renderás ao máximo co seu procesador Qualcomm Snapdragon 855: xogos un 20% máis rápidos, rendemento da CPU un 45% mellorado e IA un 300% tamén máis rápida. Por último, destacamos o seu sistema operativo Android 9 con capa de personalización MIUI 10, a súa memoria RAM de 6 GB e a súa batería de 3.300 mAh.
É teu en cor azul por 20€ durante 24 meses.

Honor 20 Lite

O boca-orella está a ser a principal publicidade de Honor que, co Honor 20 Lite, volve demostrar que ofrece grandes móbiles a un prezo moi pequeno. Comecemos pola súa pantalla de 6,2″ HD con 1080×2340 píxeles de resolución. Que xoga noutra liga tamén nolo demostran as súas catro cámaras. Na parte traseira ten unha de 24 MPX con f/1.8 de apertura, un grande angular de 8 MPX e un sensor de profundidade de 2 MPX. No frontal terás, nin máis nin menos, que unha cámara de 32 MPX con apertura f/2.0 para os teus selfies. Navegarás rápido e usarás con fluidez calquera aplicación co seu procesador octa-core Kirin 710 con 4GB de RAM. Contas ademais con 128GB de memoria (64 libres), batería 3400 mAh con carga rápida, FM radio, NFC, dual SIM e sistema operativo Android 9.0.
É teu en cor azul por 10€ durante 24 meses.

Huawei P Smart 2019

Lévanse as pantallas grandes. Polo que Huawei e o seu P Smart 2019 che ofrece 6,21″, cun deseño curvo en 3D, con textura brillante similar á cerámica, o que o fai moderno e cómodo na man. Mellora as túas fotos grazas á súa dobre cámara traseira con intelixencia artificial. Sentirás as cores máis vivas e obterás o mellor efecto bokeh ca súa cámara de 13 MPX + 2 MPX. A súa cámara frontal de 8 MPX ofréceche retratos perfectos todos os días. Se che gusta xogar co móbil, renderás ao máximo co seu procesador octa-core Hisilicon Kirin 710. Ademais, se necesitas batería, a súa capacidade de 3.400 mAh carga un 22% máis rápido. Como vai de memoria? Nunca te quedarás sen ela cos seus 64GB (32GB libres) e os seus 3 GB de RAM. Tes tamén dobre SIM, NFC, pegada dixital, recoñecemento facial e sistema operativo Android 9.0.
Lévao en cor negra por 7€ durante 24 cotas.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

3 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Juan di:

    Buenos días. Si quisiera el redmi note 7 de 4gb de ram y 64gb de almacenamiento, ¿sería posible, aunque fuera pagando mas?

    Gracias.