menú
Móviles de R Samsung

Móbiles de R: este Nadal regala un destes Samsung

17/12/2018
Blog R

Pódese mellorar o inmellorable? Samsung demostra que si cos seus Galaxy Note 9, Galaxy S9+ e Galaxy S9. Entra no noso catálogo de móbiles de R e leva o teu.

Samsung Galaxy Note 9

O Samsung Galaxy Note 9 está pensado para os que o queren todo, xa que sobrepasa as mellores expectativas. Como di Samsung, este smartphone con pantalla de 6,4″ e 2960×1440 de resolución permite facer posible o imposible. Grazas ao seu S-Pen con control remoto, á súa enorme potencia e á súa gran batería terás na túa man un terminal que será a envexa de todo o mundo. En primeiro lugar, a súa batería de 4000mAh non acabará nunca. Non terás que borrar nada tampouco grazas á súa memoria de 128GB, ampliable ata 512GB. Por outra banda, o seu procesador octa-core 2.7GHz, 1.7GHz darache o mellor rendemento, facendo todo nun abrir e pechar de ollo. É resistente á auga e ao po, ten unha cámara principal de 12 MPX+12 MPX e unha frontal de 8MPX, ofrece dual SIM e Android 8.1.
É teu en cor negra por 34€ durante 24 meses e un pago inicial de 199€. + info

Samsung Galaxy S9+

Se o Galaxy S9 é perfecto, o Samsung Galaxy S9+ é a perfecta perfección. Non só porque vai un paso máis alá na pantalla, ofrecéndoche 6,2″, con 16 millóns de cores e unha resolución de 2960×1440. Senón porque o seu procesador 1.7GHz octa-core fai lento a calquera fórmula 1. A cámara tamén ofrece unha experiencia incrible: permíteche converter unha foto túa en emoji, desbloquear o terminal ao recoñecer a túa cara e sacar fotos profesionais. A cámara principal de 12 MPX + 12 MPX adáptase á luz como o ollo humano: o modo F1.5 ofrece imaxes impresionantes con pouca luz e a apertura F2.4 captura as fotos máis nítidas. Por último, só nos queda falar dos seus 4GB de RAM, dos 64GB de memoria interna (32GB libres), do sistema operativo Android 8.0 con dual-SIM e da batería de 3.500 mAh.
Témolo en cor negra por 25€ durante 24 meses e un pago inicial de 199€. + info

Samsung Galaxy S9

Samsung demostra unha vez máis co Galaxy S9 por que é o fabricante no que máis confían os compradores de móbiles. 8 millóns de usuarios xa desfrutan dun terminal de gama alta que non defrauda. A cámara de fotos adáptase como o ollo humano a distintas situacións: o modo F1.5 dáche fotos incribles con pouca luz e a apertura F2.4 ofréceche as imaxes máis nítidas. Ademais, grazas á realidade aumentada, convertes unha foto túa en emoji animado. E grazas ao seu recoñecemento facial desbloqueas o terminal facilmente. Contas ademais con pantalla infinita de 5,8″ con 2960×1440 de resolución e 16 millóns de cores. Darache o mellor rendemento grazas ao seu procesador 1.7GHz octa-core, os seus 4GB de RAM e os 64GB de memoria interna (50GB libres). Polo demais terás un Android 8.0 con dual-SIM e batería de 3.000 mAh.
Consígueo cor negra por 21€ durante 24 cotas e un pago inicial de 199€. + info

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.