menú
Móviles de R Moto E5

Móbiles de R: Moto E5

11/12/2018
Blog R

Incorporamos ao catálogo de móbiles de R, o Moto E5, un terminal divertido e que che renderá moito. Xa non é necesario pagar prezos desorbitados por funcións que melloran a túa experiencia móbil. O Moto E5 destaca pola súa pantalla Max Vision de 5,7″, o seu deseño compacto e pola súa batería de longa duración de 4000 mAh. Non terás que cargalo en todo o día. Non deixes pasar a oportunidade de levar un smartphone moi apañado e completo. Entra na nosa tenda móbilR e leva o Moto E5 en cor gris.

Deseño

O Moto E5 ten un deseño molón, cunha cuberta traseira arqueada e unha parte dianteira redondeada e de cristal. Mide 154,4 x 72,2 x 9 mm e pesa 174 g. Encaixará á perfección na túa man.

A súa pantalla Max Vision de 5,7″ HD+ permíteche unha visualización ultra panorámica dos teus xogos ou vídeos, grazas ao seu marco reducido e unha relación de aspecto 18:9.

Para desbloquealo de forma rápida e sinxela, conta cun lector de pegadas intelixente situado no logo do teléfono.

Ademais, cuns sinxelos xestos poderás abrir ao instante aplicacións ou funcións que queiras utilizar.

Cámaras

Di adeus ás fotos borrosas coa cámara traseira de 13 MPX do Moto E5. O seu enfoque automático con detección de fase fará que as túas fotos sempre saian nítidas aínda con movemento.

A cámara frontal de 5 MPX con apertura f/2.2 e flash fará que brilles con luz propia nos teus selfies.

Aquí podes ver as fotos que fai:

Hardware

O primeiro que sorprende no Moto E5 é a súa batería de 4000 mAh. Non terás que cargalo en todo o día grazas á súa gran capacidade. Pero se o necesitas, contas cun cargador rápido para sacarche dun apuro e render ao máximo.

Sácalle o máximo rendemento grazas aos seus 16GB de memoria (8GB libres), ampliables ata 128GB cunha tarxeta microSD. Dispós de dúas rañuras para tarxeta SIM, un procesador quad-core 1.4 Ghz, 2GB de RAM e sistema operativo Android 8.0.

Como ves, prezo e prestacións non están rifadas. Consegue o teu Moto E5 na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.