menú
Móviles de R LG K40

Móbiles de R: LG K40

23/05/2019
Blog R

A nova liña K de LG xa está no catálogo de móbiles de R. O LG K40 conta cunha cámara principal con intelixencia artificial, cámara dual mode e certificación militar de resistencia. E todo isto a un prezo moi alcanzable. Lévao na nosa tenda móbilR en cor azul.

Deseño

Pantalla FullVision 5.7″ HD+ (1440 x 720) con tecnoloxía IPS LCD. Mide 153 x 72 x 8 mm e pesa 150 g.

O LG K40 foi deseñado con bordos redondeados metálicos e unha parte traseira en cristal 2.5D. Precisamente na parte posterior atópase o sensor de pegadas dixitais.

No lateral, LG sitúa un acceso directo en forma de botón ao asistente de Google. Se pulsas unha vez sobre a tecla AI, accedes ao asistente, e se pulsas dúas veces, a Google Lens. A aplicación de Google permíteche interactuar co texto, atopar cousas que che gusten, roupa ou obxectos sen ter que describir o que buscas no cadro de busca.

O LG K40 durarache moito tempo intacto. Foi sometido a rigorosas probas utilizadas na industria militar, como baixas e altas temperaturas, choque térmico ou golpes, para verificar a súa resistencia.

E outra función moi interesante que che permitirá aforrar batería é a reprodución ecolóxica. O ecoplayback baixa automaticamente o brillo da pantalla cando só estás a escoitar audio, tanto de contidos multimedia como cando utilizas unha aplicación.

Cámara

LG inclúe tamén a intelixencia artificial nos móbiles de gama de entrada. A cámara principal do LG K40 de 16 MPX e apertura f2.2 analiza o que estás a enfocar e ofréceche 8 modos de captura diferentes para optimizar as cores da túa fotografía.

Conta con tecnoloxía de autoenfoque rápido para que non se che escape ningunha imaxe en movemento. Este sensor aumenta a velocidade de enfoque nun 36% e a súa precisión nun 23% grazas á detección de fases.

O modo retrato con dual mode levarate a outro nivel xa que pode axustar o grao de desenfoque do fondo, mantendo o primeiro plano súper nítido.

Coa súa cámara frontal de 8 MPX poderás facer selfies incluso ás escuras porque conta con flash LED para que saias perfectamente iluminado.

Antes de analizalo por dentro, mírao por fóra en acción:

Hardware

Móbil dual nanoSIM cunha memoria de almacenamento de 32GB (16GB dispoñibles para usuario) ampliable ata 2TB cunha tarxeta microSD.

De rendemento non está nada mal, conta cun procesador octa-core Mediatek MT6762 ata 2,0 Ghz, unha memoria RAM de 2GB e sistema operativo Android Oreo 8.1.

A batería de 3.000 mAh darache para falar un bo intre, escoitar música ou ver unha serie no móbil sen ter que cargar o móbil.

Como ves, o LG K40 presume de estar moi ben equipado a un prezo único. Consígueo xa na nosa tenda móbilR:

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.