menú
moviles-de-r-galaxy-j6-2019-338x698

Móbiles de R: LG Q7

11/09/2018
Blog R

O sucesor do LG Q6 acaba de incorporarse ao catálogo de móbiles de R. Trátase do LG Q7, un terminal que destaca polo seu bonito e cómodo deseño, a súa pantalla inmersiva,, un óptimo rendemento á hora de executar varias tarefas ao mesmo tempo e resistencia á auga e po. E non podemos deixar de destacar algunhas das súas funcionalidades baseadas na Intelixencia Artificial, como son a detección de baixa luminosidade e o modo Qlens que identifica obxectos a través de imaxes.

A súa pantalla de 5,5” Full HD de 2160×1080 px de resolución con marcos reducidos e tamaño moi compacto axuda a que o seu deseño sexa aínda máis cómodo. Inclúe unha cámara que captura imaxes en movemento e con moi boa calidade, grazas á tecnoloxía de enfoque automático. Dispón dun procesador octa core 1.5Ghz que permite utilizar varias aplicacións á vez sen que o móbil quede “colgado”. A súa memoria RAM é de 3GB, 32GB de memoria interna (16GB libres), conta co sistema operativo Android 8.1 e cunha batería de 3000 mAh. Lévao xa en cor azul por 13€ durante 24 meses.

Deseño

O seu deseño exterior ten uns acabados excelentes grazas ao marco metálico que rodea todo o terminal. Ademais de ser bonito, o seu deseño é cómodo e fácil de soster na palma da man grazas aos extremos curvados da parte traseira.

A pantalla de 5,5″ Full HD+ de 2160×1080 px de resolución ten marcos reducidos e un tamaño compacto. Ademais, podes desfrutar dunha óptima experiencia visual grazas a súa pantalla inmersiva 18:9 FullVision. E o seu panel profesional IPS fai que poidas visualizar unha perfecta calidade de imaxe en canto a color, brillo e contraste.

Na parte traseira do LG Q7 atópase o sensor de pegadas avanzado con varias funcionalidades:

  • Coa túa pegada podes bloquear e desbloquear o acceso ao móbil.
  • Cun só toque no sensor podes facer un selfie sen ter que pulsar o disparador.
  • Con dous toques podes facer unha captura de pantalla.
  • Co desprazamento cara arriba e abaixo do teu dedo no sensor podes controlar algúns dos axustes do teléfono.

Este móbil foi sometido a varias probas para garantir a súa resistencia á auga e ao po e obtivo a certificación militar de resistencia (MIL- STD 810 G). Ademais, os seus bordos metálicos cunha aliaxe de aluminio convérteno en máis resistente aínda.

Cámaras

A súa cámara trasera de 13 MPX saca unhas fotos nítidas e brillantes, e ademais en movemento, grazas á funcionalidade das cámaras profesionais de enfoque automático de alta velocidade. Converteraste en todo un paparazzi!

A cámara frontal de 8MPX permite sacar selfies cuns primeiros planos moi nítidos de varias persoas á vez e variar o nivel de desenfoque do fondo.

O Q7 dispón dun flash intelixente que permite crear gifs animados a través dunha secuencia de imaxes. O flash actúa como temporizador de la cámara. E co modo disco, o flash ilumínase ao ritmo da música que se reproduce desde o móbil creando diferentes efectos de luz. Que máis se lle pode pedir a un flash !

A intelixencia artificial está presente nestas cámaras xa que detectan a ausencia de luz e activan o modo noite para obter fotografías con máis luz e máis naturais.

Por outra banda, este móbil inclúe o modo Qlens que a través da cámara identifica obxectos e consegue información sobre eles ao momento. Esta funcionalidade é posible grazas á intelixencia artificial e unha base de datos de millóns de imaxes.

Rendemento

O sistema operativo Android 8.1, o procesador octa core 1.5Ghz e os 3000 mAh de batería son os responsables de que poidas utilizar varias apps ao mesmo tempo sen que o terminal funcione máis lentamente.

A súa memoria RAM é de 3 GB, o seu almacenamento é de 32GB (16GB libres), e por se non son suficientes, podes inserir unha tarxeta micro SD de ata 2TB.

E para non perder nin un segundo do teu valioso tempo o Q7 dispón dun cargador de batería co conector tipo C que permite cargar o terminal ao 50% en 30 minutos.

Bótalle unha ollada a este vídeo que resume todas as características do novo terminal da compañía surcoreana.


Entra xa na nosa tenda de móbilR e lévaoo por só 13€ ao mes.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.