menú
Móviles de R LG Q60

Móbiles de R: LG Q60

06/06/2019
Blog R

Incorporamos ao catálogo de móbiles de R o LG Q60. O novo smartphone da firma coreana vén co que necesitas e máis: 4 cámaras, pantalla de 6,26″, Android 9.0 e un gran prezo. Léva o LG Q60 na nosa tenda móbilR en cor azul.

Deseño

LG adopta a tendencia de pantallas grandes, cunha de 6,2 polgadas Fullvision, resolución HD+ (1520 X 720) e tecnoloxía IPS-LCD, que proporciona a mellor calidade de imaxe dende calquera ángulo.

A firma coreana ofréceche un coidado deseño, de bordo metálico e frontal 2.5D con notch superior e lector de pegada dactilar na parte traseira. Ademais, conta con certificación militar de resistencia no que se testou a temperatura, humidade, vibración ou caída.

Cámara

Espérante tres cámaras na parte traseira e unha frontal para selfies.

  • cámara súper grande angular: 5 MPX e apertura f2.2 con 120º para fotos de grupo ou panorámicas
  • cámara angular estándar: 16 MPX con apertura f2.0 e autoenfoque ultrarápido PDAF para conseguir a máxima nitidez incluso en movemento
  • sensor de profundidade: 2 MPX con apertura f2.4 para retratos perfectos, destacarás sobre calquera fondo esfumado

Obterás a mellor foto cun só disparo grazas á AI CAM, a cámara recoñece 8 modos para configurar e optimizar a túa imaxe.

E para os teus selfies contas con 13 MPX e apertura f2.0. Sairás máis que guapo .

Para reproducir vídeos ou escoitar as túas cancións favoritas, son envolvente DTS: X 3D de 7.1 canles e inmersivo para que desfrutes dunha experiencia aínda máis realista.

Hardware

Para gardar as túas imaxes, vídeos e arquivos tes 64GB (32GB libres) que podes ampliar ata 2TB cunha tarxeta microSD.

Móbil dual nanoSIM con 3GB de RAM e sistema operativo Android 9.0 (Pie). O seu procesador octa-core a 2.0 Ghz brinda velocidade e potencia na multitarefa.

A súa batería de 3.500 mAh permitirache falar, chatear e reproducir música sen que teñas que cargalo cada pouco tempo. Aguanta o que lle boten . Ademais, a función Eco Playback tamén che axuda a aforrar batería, xa que atenúa a pantalla cando só necesitas audio en vídeos de Youtube.

Atento a estas funcións de IA que che van a gustar moito. O LG Q60 conta cun botón específico para acceder directamente a Google Assistant.

  • 1 toque Google Assistant
  • 2 toques visual snapchot
  • mantén pulsado Walkie Talkie Google Assistant Input

E ollo cos pantallazos. Coa función Link Shot podes capturar a pantalla dunha web e facer clic nela noutro momento para que te leve directamente a esa web. Con Crop Sot podes editar e recortar o pantallazo para poder axustalo ao tamaño que necesites e velo en miniatura na pantalla.

Es dos que busca un móbil con todo o imprescindible a un gran prezo? Xa estás a tardar en facerte co novo LG Q60 na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

9 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Miguel di:

    Buenos días, estoy en proceso de portabilidad a R y no me queda claro el tema del período de desestimiento. Legalmente tengo 14 días para desistir sin coste alguno por contratar el servicio telemáticamente y no de manera presencial, pero ahora comentan en R que si te das de baja dentro de esos 14 días existe una penalización de 120€/línea móvil, y 180€/servicio de internet si ya se ha instalado. ¿Podéis confirmármelo?