menú
Móviles de R LG G8s

Móbiles de R: LG G8s

09/07/2019
Blog R

Damos a benvida ao catálogo de móbiles de R ao LG G8s. O último de LG non te vai a deixar indiferente, xa que incorpora o novo Hand ID, o desbloqueo do teléfono grazas ao recoñecemento das veas da man. Pero ademais inclúe unha chea de controis por xestos, tripla cámara traseira, pantalla de 6,2″ e resistencia á auga e ao po. Presume de todas estas innovacións por 26€ durante 24 meses. Lévao xa en cor negra na nosa tenda móbilR.

Deseño

Pantalla de 6,2″ con resolución FHD+ (1080 x 2248) e tecnoloxía G-OLED FullVision. Resiste á auga e o po, pero lembra que só podes mergullalo ata 30 minutos a 1,5 metros. Ademais, aguanta o que lle botes, xa que conta con certificación militar de resistencia.

O seu deseño brilla por diante e por detrás. Frontal de cristal Gorilla Glass 6 e parte posterior de vidro 2.5D co sensor de pegadas dixital. Os bordos redondeados metálicos proporcionan un agarre ergonómico.

Para desbloquear o LG G8s ThinQ contas co recoñecemento de pegadas, o recoñecemento facial 3D e o novo recoñecemento biométrico de veas da man.

Así funciona e se configura o Hand ID:

Como che diciamos, LG ofrece o sistema Air motion para que poidas controlar o teléfono sen necesidade de tocar a pantalla. Agora podes facer unha chea de cousas cun só xesto: se rotas a man podes controlar o volume ou se deslizas a man podes responder chamadas ou apagar a alarma.

Mira cales son os principais xestos e como configurar o Air motion:

Cámara

O LG G8s conta con tripla cámara traseira 12+13+12 MPX, unha selfie frontal 8 MPX e unha cámara Z con tecnoloxía ToF.

Este sensor ToF (tempo de voo) recoñece o espazo tridimensional e calcula a distancia ao medir o tempo que tarda a luz infravermella en reflectirse nunha persoa ou obxecto. Grazas ao ToF, situado na parte frontal, conseguirás desenfocar o fondo de maneira gradual e resaltar o que che interese nos teus selfies.

Desfruta de todos os puntos de vista coa súa tripla cámara principal: súper grande angular, teleobxectivo e angular estándar.

Conta coa función Spotlight que lle dará luz de estudo aos teus retratos. Para iso, detecta a curvatura facial para crear sombras naturais e reflexos que nada teñen que ver cos efectos de luz artificial habituais.

Para gravar vídeos ofréceche control de profundidade para que tamén poidas conseguir o efecto bokeh nos teus vídeos.

Hardware

Se todo isto non fose suficiente, por dentro tamén está moi ben. LG G8s rende ao máximo grazas ao seu procesador Qualcomm Snapdragon 855: intelixencia artificial, xogos multixogador, vídeo 4K HDR, maior duración da batería, etc.

Móbil dual nanoSIM, dispón dunha memoria interna de 64GB (32GB dispoñibles para usuario) que podes ampliar ata 2TB cunha tarxeta microSD.

Completan as prestacións, unha memoria RAM de 6GB, sistema operativo Android 9 e unha batería de 3550 mAh.

Este móbil vai dar moito que falar. Faite con el na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.