menú
Móviles de R iPhone XS

Móbiles de R: iPhone XS

25/03/2019
Blog R

Amante de iPhone, benvido ao seguinte nivel co iPhone XS: pantalla Super Retina, o chip máis rápido nun móbil e a revolucionaria cámara dual. Telo no catálogo de móbiles de R en cor space grey. Entra na nosa tenda móbilR e descubre todos os nosos iPhone: iPhone XS Max e iPhone XR. Porque somos moi da mazá .

Deseño

Apple non deixa de innovar e de sacar móbiles que se superan. Co iPhone XS pasa o mesmo. En deseño non hai quen gañe a Apple, que nesta ocasión ofrece un acabado en aceiro inoxidable cunha aliaxe especial, esquinas redondeadas, parte traseira de vidro e maior resistencia á auga e ao po.

A pantalla OLED do iPhone XS ofrece as cores máis precisas, tecnoloxía HDR e negros auténticos. Ten 5,8″ Super Retina e unha resolución de 2.436 × 1.125 píxeles. Mide 143,6 x 70,9 x 7,7 mm e pesa 177 gramos.

Apple abandona o botón de inicio en favor da navegación por xestos, para comezar só tes que deslizar cara arriba a pantalla. Pero antes, terás que desbloquear o teléfono . A súa tecnoloxía de recoñecemento facial Face ID fará que accedas de forma segura ao teu iPhone nun dicir amén, mesmo ás escuras. Pero ademais, poderás iniciar sesións en apps e pagar as túas compras con só a túa mirada.

Cámaras

Para fotos, ninguén mellor que un iPhone. Descubriralo coa súa cámara dual traseira de 12 MPX + 12 MPX, 1,8 de apertura e gran angular. O seu procesador de imaxe e os seus algoritmos traballan por ti para darche imaxes espectaculares e vídeo 4K.

Coa cámara frontal TrueDepth de 8 MPX os selfies parecerán de revista, creando un primeiro plano ultranítido sobre un fondo esfumado que podes modificar.

E para presumir de cámaras, mira estas probas de slo-mo e time lapse, son unha chulada:

Hardware

O iPhone XS vén equipado co chip máis intelixente e con máis potencia de todos os smartphones, o A12 Bionic. O Neural Engine de última xeración ten un rendemento incrible. É capaz de utilizar a aprendizaxe automática en tempo real para que desfrutes das fotos, os xogos e a realidade aumentada dunha forma totalmente nova.

Sistema operativo iOS 12, 4GB de RAM, 256GB de memoria interna (128GB dispoñibles para usuario) e batería de 2658 mAh con carga inalámbrica.

Por dentro é un auténtico maquinón, e por fóra? Compróbao ti mesmo:


Entra na nosa tenda móbilR e leva xa o teu iPhone XS.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.