
Móbiles de R: iPhone XS Max
O iPhone máis grandioso xa está aquí. Incorporamos ao catálogo de móbiles de R o iPhone XS Max, coa pantalla máis grande nunca vista nun iPhone: 6,5″ cunha resolución de 2.688×1.242. Ademais, pantalla Super Retina, o chip máis rápido nun móbil e a revolucionaria cámara dual. Agárrate que veñen curvas. Lévao na nosa tenda móbilR en cor negra.
Deseño
O iPhone XS Max ten a pantalla máis grande que tivo nunca un iPhone, nada menos que 6,5″ cunha resolución de 2.688×1.242. Pantalla Super Retina OLED que ofrece as cores máis precisas tecnoloxía HDR, negros auténticos e un brillo e contraste espectaculares.
En canto a deseño, non che dicimos nada novo ao comentar que Apple non ten rival. Ademais do acabado en aceiro inoxidable de calidade cirúrxica cunha aliaxe especial, o XS Max ten esquinas redondeadas que rematan o deseño curvo do teléfono.
Resiste á auga ata 2 metros durante 30 minutos, grazas a que o seu resistente vidro está selado cun bordo de aceiro inoxidable para que non lle entre nin unha pinga, aínda que chova a cachón .
E para que che sexa máis cómodo acceder ás túas apps, pantalla, etc., Apple elimina o botón de inicio para que realices todas as accións con sinxelos xestos.
Para desbloquealo ou iniciar sesión, contas coa tecnoloxía Face ID. Agora incorpora cámara TrueDepth para que che recoñeza ao instante grazas á súa cámara de infravermellos, proxector de puntos e iluminador IR, para que ás escuras tamén te identifique; o Secure Enclave e o Neural Engine. Vaia, que o teu móbil saberá que es ti aínda que te disfraces de espía .
Cámaras
Nas fotos, iPhone tampouco ten rival. Aquí o seu procesador de imaxe e os algoritmos traballarán por ti para que teñas fotos de revista. A súa cámara dual traseira de 12 MPX + 12 MPX, con 1,8 grande angular e 2,4 teleobxectivo, e a súa cámara frontal de 7 MPX farán o resto.
A súa tecnoloxía HDR Intelixente permite engadir detalle ás luces e sombras das túas fotos. O efecto bokeh desenfocará o fondo con calidade profesional e co control de profundidade axustarás a profundidade de campo despois de facer a foto.
Ademais, terás selfies profesionais, cun primeiro plano ultranítido sobre un fondo que podes modificar. Olliño coas cámaras .
Gravarás vídeos en 4K con total nitidez aínda con pouca luz.
Hardware
O iPhone XS Max introduce o chip máis intelixente visto nun móbil. O seu procesador hexa-core A12 Bionic é o máis potente que pode ter un smartphone. O seu Neural Engine de última xeración é capaz de utilizar a aprendizaxe automática en tempo real para que goces das fotos, os xogos e a realidade aumentada dunha forma totalmente nova.
A calidade do móbil póñena tamén o seu sistema operativo iOS 12, os seus 4GB de RAM, os 265GB de memoria (128GB dispoñibles para usuario) e a súa batería de 2658 mAh e a súa carga inalámbrica. Móbil dual nanoSIM, non compatible con tarxetas microSD.
Impresionado? Mírao en acción:
Xa estás a tardar en facerte con el na nosa tenda móbilR.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata pronto!
0 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.