menú
moviles-de-r-iphone-xr-338x654

Móbiles de R: iPhone XR

27/12/2018
Blog R

Ao catálogo de móbiles de R chegou o iPhone XR que estrea a tecnoloxía LCD máis avanzada co procesador máis rápido nun smartphone. Entra na nosa tenda tenda móbilR e faite con el en cor vermella.

Atento ao máis destacado: a súa pantalla Liquid Retina de 6,1″ ofréceche cores precisas, con acabados de calidade. Dispón dun procesador hexa- core A12 Bionic, que se traduce en realidade aumentada, retratos incribles con control de profundidade e máxima velocidade e fluidez no que fagas.

A súa cámara principal é de 12 MPX, con 1,8 de apertura e grande angular, e a frontal de 7MPX. E dispón dun sistema operativo iOs 12, unha batería de 2942mAh que se carga sen cables, e 3GB de RAM e 64GB de memoria interna.

Deseño

Pantalla Liquid Retina de 6,1″ cunha resolución de 828×1792 que che ofrece cores precisas, con acabados de calidade e que estende a imaxe ata os bordos do terminal.

O seu acabado exterior contén o vidro máis resistente usado nunca nun móbil e bordos de aluminio de calidade aeroespacial. E na parte traseira do vidro atópase o dispositivo para cargar a batería do terminal sen cables.

É resistente á auga e ao po, pero antes de arriscar a facer algunha aventura acuática deberías consultar o manual . E, lembra, non tentes cargar o terminal se está mollado.

Incorpora o sistema de recoñecemento facial Face ID, co que poderás desbloquear o teléfono, iniciar sesión en diferentes apps e realizar pagos. Todo isto dunha forma rápida grazas a un avanzado sistema de cámara e de seguridade.

Cámara

Nas fotos xa sabes que o iPhone sáese. E aquí contas cun procesador intelixente que realza nas imaxes as zonas claras e engade detalle ás sombras. A súa cámara principal é de 12MPX, con 1,8 de apertura e grande angular, e unha frontal de 7MPX.

Poderás gravar en 4K, sacar fotos de retratos súper nítidos con fondos desenfocados axustando a profundidade de campo e selfies profesionais grazas ás súas lentes profesionais.

Hardware

Do mesmo xeito que o iPhone XS Max incorpora o chip intelixente A12 Bionic no seu procesador hexa- core de 2,39Ghz. O seu Neural Engine de última xeración é capaz de utilizar a aprendizaxe automática en tempo real para que goces de todo o que fagas con este móbil.

O seu sistema operativo é iOS 12, os seus 3GB de RAM, os 64GB de memoria (32GB dispoñibles para usuario) e a súa batería de 2942 mAh sen fíos completan as características deste móbil de nova xeración.

Dispón de dual nanoSIM, que non é compatible con tarxetas microSD, pero poderás usar o teu numero persoal e do traballo no mesmo terminal.

Que che parece este móbil? Despois de ver este vídeo xa non poderás resistirte e entrarás na nosa tenda móbilR para levalo .


> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Rogelio suarez brandariz s di:

    Ofertas para los que ya somos clientes no hay!!!!!!!!!!