menú
Móviles de R iPhone 8

Móbiles de R: iPhone 8

20/11/2017
Blog R

A nova xeración de iPhone chega ao catálogo de móbiles de R. O iPhone 8 encantarache polo seu deseño integral de vidro e pola súa resistencia á auga. Ademais dunha cámara mellorada, incorpora o chip máis intelixente e potente que tivo un smartphone.Con sistema operativo iOS 11, o iPhone 8 permitirache gozar da realidade aumentada en apps e xogos como nunca. Lévao en cor silver por 33€ ao mes, cun pago inicial de 49€.

Para algúns o 8 é o voso número da sorte, para Apple é o inicio dunha nova xeración de iPhone. E contámosche as novidades que trae, que non son poucas.

Deseño

O iPhone 8 loce un corpo integral de vidro resistente con bordos de aluminio. Resiste á auga e ao po para que poidas usalo en calquera circunstancia. Ten unha pantalla retina HD de 4,7 polgadas, con True Tone, ampla gama cromática e 3D Touch. Imos tratar de traducir todo isto .

A retina HD consegue máis realismo, grazas a unha tecnoloxía fotosensible e un espectro de cor moi ampla. Imaxes brillantes e vivas nunha pantalla que ten un ángulo de visión máis amplo, grazas aos píxeles de dobre dominio.

A tecnoloxía True Tone usa un sensor de luz ambiental que axusta o balance de brancos para que vexas todo perfectamente na túa pantalla.

Ademais, podes desbloquear o teléfono coa túa pegada dactilar. Touch IDE tamén che permite pagar en tendas e dentro das apps.

Neste vídeo podes ver algunhas destas funcionalidades:

Cámaras

O iPhone 8 inclúe unha cámara de 12 MPX máis avanzada con gran angular, ten unha lente de seis elementos de f/1,8 e estabilización óptica de imaxe para fotos e vídeos. O procesador de sinal de imaxe detecta elementos da escena, movemento e condicións de iluminación, para optimizar as túas fotos mesmo antes de que as fagas. Apple mellora o modo retrato para que consigas desenfocados moi naturais, aínda con pouca luz.

A cámara frontal ten 7 MPX, Retina Flash, gama cromática ampla, tecnoloxía de píxeles avanzada e estabilización automática de imaxe. Ademais, divertiraste abondo cos seus novos filtros e funcións.

No iPhone 8 atoparás un flash True Tone de catro LED con sincronización lenta. Que significa? Pois que poderás iluminar o que está en primeiro plano sen perder calidade do fondo e que conseguirás unha iluminación un 40% máis uniforme e sen tanto brillo.

Vídeo

Vídeos de calidade profesional con menos peso, grazas á compresión HEVC. Para que non se aprecien tremores, ofréceche unha estabilización avanzada e con nitidez aínda con pouca luz. Ademais, vídeo 4K ata 60 f/s, cámara lenta en 1080p ata 240 f/s e time-lapse.

Hardware

Para almacenar as túas fotos e apps dispós de 64GB (32GB libres para o usuario). A memoria RAM é de 2GB.

O seu chip A11 Bionic ten seis núcleos, catro deles un 70% máis rápidos que o chip A10 Fusion, e dous núcleos de rendemento ata un 25% máis veloces. E se necesitas potencia extra, a CPU pode usar os seis núcleos ao mesmo tempo. Ademais, este súper chip permíteche desfrutar de apps e xogos de realidade aumentada con fluidez e realismo.

En canto á autonomía, dispón dunha batería de 1821 mAh que se carga sen cables grazas a bases de carga que se venden aparte.

O iPhone 8 incopora o sistema operativo iOS 11, máis avanzado, intuitivo e seguro. Entre as súas novidades: abrir apps cun só xesto desde mensaxes, suxestións intelixentes e Siri. Pídelle a Siri o que queiras e farao ao instante. Suxerirache apps, axudarate a chegar ao teu destino e moito máis. Siri é como as nosas nais .

Como ves, Apple vólveo facer e non che defraudará. Aquí che deixamos as 8 cousas que che namorarán do iPhone 8:


Entra na nosa tenda móbilR e non quedes sen o teu:

> contrata aquí

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

26 comentarios

  1. David Díaz di:

    Como clientes de R, xa poderiades ter un detalle e deixarnos os móviles algo máis baratos que na propia tenda, ou polo menos ó mesmo prezo! Pero cobrar máis… non o entendo. Supoño que entendedes que sendo máis caros os terminais en R, non sei se moitos venderedes… Oxalá que si!

  2. José Manuel di:

    Vexo que xa caistes na estupidez. E como persoa, síntome ofendido, porque parece que me tomades por imbécil. Quero saber o prezo dun producto, e somentes atopo una cota por mes, sin saber cantos meses, e outras estupideces. Que pena ¡¡
    Pretendo ter información, e non o contrario. Se ides seguir por eses derroteriros, xa podedes darbos por rexeitados.
    ¡¡ E parecía una empresa seria ¡¡¡

  3. Israel di:

    esta previsto el 8 plus? no hay opción a modelos con más memoria 256gb

    • Ola, Anxo.

      Imos telo. Se non é a finais de decembro será durante xaneiro.

      Un saúdo.

      • Javier di:

        Diréis lo que queráis pero los móviles los cobráis caros de carallo (con perdón). Un ejemplo, el P9 lite lo encuentro en Amazon por 189 €. El Iphone 8 está a 700 € en la misma tienda y vosotros lo vendéis a más de 800 (si, a plazos ya lo se). No miro más tiendas ni tampoco otras compañías pero estoy seguro que sois de los más caros. No quiero pensar a cuanto pondréis el Iphone X (supongo que 45 € més más 250 de pago inicial o algo así). Deberíais tener un detalle con los clientes y, ya que no tenéis las tarifas más baratas, al menos facilitar el comprar los móviles más exclusivos sin intereses. Es una opinión eh.

        • Caros no están. Otra cosa es que se nos quiera comparar con un gigante como Amazon.

          Como he explicado, el iPhone 8 lo tenemos más barato incluso que en la web de Apple, lo cual está muy bien.

          En todo caso, el cliente decide siempre dónde comprarlo. No somos ni fabricantes ni tienda online de internet, simplemente queremos dar opciones a nuestros clientes y que ellos decidan.

          Un saludo.

  4. Alberto di:

    Saludos,estoy esperando como la lluvia por el Samsung Note 8.Pero tengo una duda,el último teléfono que coji en ” R” todavía lo estoy pagando, (le quedan como 6 meses) y no lo puedo cojer con mi número de móvil. Pero el teléfono de mi mujer me permite cojer un terminal.La pregunta: puedo cojer el teléfono con el número de mi mujer y utilizarlo yo con mi número y tarjeta sim,pues el teléfono que tengo me esta dando fallos y necesito con urgencia el cambio.
    Perdonad el rollizo y espero haberme explicado bien.Feliz Navidad Gente R.

  5. Jose di:

    Cómo va el note 8 ? , lo necesito sin falta . Me podríais dar una fecha.