menú
Móviles de R Huawei P Smart +

Móbiles de R: Huawei P Smart+

28/01/2019
Blog R

Stop. Para porque o que buscas está aquí. O Huawei P Smart + dáche un gran deseño, rendemento, catro cámaras con intelixencia artificial e unhas características de gama alta a prezo inmellorable. Por iso é + . Está no catálogo de móbiles de R esperando por ti en cor negra por 12€ durante 24 meses.

Deseño

O P Smart + crece respecto a o seu predecesor, o Huawei P Smart (tamén dispoñible en catálogo), e vaise ata as 6,30” (2.340 x 1.080) para que vexas moito máis. Pantalla FHD+ e cristal posterior con sensor de pegadas, mide 157,6 x 75,2 x 7,6 mm e pesa 169 g.

Cámara

De luxo son as súas catro cámaras con intelixencia artificial: de 24 MPX + 2 MPX na parte dianteira e de 16 MPX + 2 MPX na parte posterior, para dar efecto bokeh e fotos profesionais.

A intelixencia artificial permite un resultado optimizado, xa que os seus algoritmos impulsados pola aprendizaxe de máis de 100 millóns de imaxes poden recoñecer ata 22 categorías.

Para selfies, ademais da súa cámara dual de 24 MPX + 2 MPX que fará que saias espectacular, a intervención da intelixencia artificial embelece aínda máis o teu rostro. Conta ademais con función HDR Pro para equilibrar a luz.

E se non queres quedar atrás en tendencias, o Huawei P Smart+ permíteche facer vídeos Super Slow Motion, que en redes sociais quedan moi chulos.

Así funcionan as súas cámaras:

Hardware

Voarás co seu procesador Kirin 710 octa-core 2,2 Ghz, que combinado coa intelixencia artificial e a tecnoloxía GPU Turbo, darache unha experiencia de xogo asombrosamente rápida.

A conectividade mellora considerablemente grazas á intelixencia artificial, xa que se axusta á túa contorna.

Non quedarás tampouco tirado grazas á súa batería de 3340 mAh, gozarás do seu sistema operativo Android 8.1 e da súa memoria de 64GB (32GB libres), ampliables ata 256GB cunha tarxeta microSD.

O bicampión mundial de patinaxe Javier Fernández teno claro, este é o seu móbil e por unha boa causa:


Faite con el na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.