menú
Móviles de R Huawei P20

Móbiles de R: Huawei P20

07/05/2018
Blog R

Huawei acaba de presentar o seu novo buque insignia, o Huawei P20, e xa o incorporamos ao catálogo de móbiles de R. Co P20, Huawei revoluciona o mundo da fotografía móbil: dúas cámaras de terceira xeración Leica na parte traseira, de 12 MPX f1.8 e 20 MPX f1.6, e unha cámara frontal de 24 MPX con apertura f2.0. Pantalla FHD de 5,8”, potente procesador Kirin 970 con unidade de procesamento neuronal, batería de longa duración de 3400 mAh e impresionante velocidade. Todo un cogombro que quererás que sexa teu. Lévao en cor azul.

Deseño

Elegante corpo de cristal cun sólido marco de metal. Pantalla FullView FHD+ de 5,84 polgadas con cores vivas e alto contraste. Na parte frontal incorpora o notch ou pestana con altofalante e cámara frontal, ademais do lector de pegada dactilar. As súas dimensións son: 149,1 x 70,8 x 7,6 e pesa 165 gramos.

Cámaras

Como che diciamos, coas cámaras Huawei botou o resto e anuncia o renacemento da fotografía. E non é para menos, grazas ao seu novo sistema de cámara asistido por Intelixencia Artificial.

A parte traseira incorpora unha cámara dual Leica, con dous obxectivos: un de 12 MPX e apertura focal f1.8 RGB, e outro con 20 MPX, apertura f1.6 e sensor monocromo.

E que fai a intelixencia artificial? Pois entre outras cousas, fai unha selección de escenas, de maneira que recoñece o obxecto que queres fotografar e axusta automaticamente a configuración para que saia perfecto. Ademais, estabiliza a imaxe para que saques fotos nítidas mesmo de noite. Pero non só iso, a intelixencia artificial permíteche facer retratos im-presionantes con efecto bokeh (desenfocado o fondo) ao incorporar un recoñecemento e modelado facial mellorado. Olliño coa IA.

Máis detalles da cámara dual: ten zoom 2x híbrido, detección da acción para que saques imaxes en movemento, captura ultrarrápida e enfoque preditivo, segue os obxectos móbiles por cinco zonas do teu encadre, polo que sempre está listo para captar a imaxe que buscas.

Para gravar os teus vídeos, dispós de modo slow motion e superestabilizador de vídeo.

A cámara frontal de 24 MPX e apertura focal f2.0 fará que consigas selfies con resultados profesionais, perfectamente nítidos e iluminados.

Hardware

O Huawei P20 ofrece un novo nivel de rendemento grazas á Intelixencia Artificial e a unidade de procesamento neuronal do Kirin 970 de oito núcleos.

Tarxeta nanoSIM, memoria de almacenamento de 128GB (64GB libres para o usuario) e memoria RAM de 4GB. O sistema operativo é android 8.1.

A batería de 3400 mAh durarache máis e tardarás moito menos en cargala, grazas ao seu sistema SuperCharge.

Por último, non queremos deixar de comentar unha funcionalidade que che vai a gustar moito. E é que podes proxectar a pantalla do teu ordenador no teu móbil, usando o Huawei P20 como panel táctil ou teclado.

Como ves, un dos móbiles do ano sen ningunha dúbida. Entra na nosa tenda móbilR e leva o móbil do que todos están a falar a moi bo prezo.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

8 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar CHEMA di:

    QUE PRECIO QUEDARIA TERMINAL POR RENOVAR LINEA [DATO BORRADO POR EL MODERADOR] + COMBO,ETC

  2. Avatar Llilli di:

    Muy contento con este terminal. Es un pedazo de móvil a todos los niveles.
    Salvo una cuestión de la cual tienen ustedes mal las especificaciones en lo que al Huawei P20 se refiere, NO ADMITE MicroSD.
    Tiene 128 gb de los cuales quedan libres unos 108.
    La bandejita es para doble nanoSIM.
    El P20 LITE es el que admite en esa bandeja doble nanoSIM o MicroSD + SIM (Lo probé pero no cubría mis necesidades de conectividad)
    Un saludo de un cliente satisfecho que cuando no lo está también se lo hace saber

  3. Avatar María di:

    Antes aparecían el P20 y el P20 pro y ahora sólo el P20 pero duplicado, ¿Ya no tenéis el Pro?
    ¿Nos dais alguna pista sobre las ofertas de junio a cambio? 😉

  4. Avatar carlos roman di:

    Hola. soy cliente de r y me gustaría saber si en agosto incorporareis el p20 pro a los terminales. gracias.