menú
Móviles de R Huawei P Smart

Móbiles de R: Huawei P Smart

26/03/2018
Blog R

En marzo damos a benvida ao catálogo de móbiles de R ao Huawei P Smart en cor negra. O novo membro da familia P, sucesor do Huawei P8 Lite 2017, incorpora estas novidades: cámara dual de 13 MPX + 2 MPX na parte traseira e opción de pantalla dividida, para usar dúas aplicacións á vez. Ademais, deseño, cores realistas, rendemento a esgalla e memoria para dar e tomar.

Deseño

A súa pantalla de 5,65″ collerá perfectamente na túa man, con cores realistas e un deseño incrible. A pantalla FullView ofrece unha vista máis ampla e o seu cristal 2.5D darache cores máis vivas. Co Huawei P Smart poderás executar dúas apps ao tempo con só tocar un botón, como ver unha película mentres recibes un correo.

Cámaras

A cámara dual de 13 MPX + 2 MPX da parte traseira ofrecerache imaxes de alta calidade e permíteche tomas bokeh de pouca profundidade de campo. As súas lentes de grande apertura deixan pasar máis luz, polo que conseguirás fotos realistas con gran detalle.

A cámara frontal de 8 MPX permitirache facer selfies en grupo máis facilmente coa función de disparo por xesto. Ademais, sairás máis guapo que nunca, grazas ao seu algoritmo de beleza facial. A cámara detecta características faciais únicas e calcula a cantidade correcta de mellora.

E o mellor de todo, poderás compartir as túas fotos e outros arquivos ao momento con outros teléfonos Huawei, sen necesidade de estar conectado a internet. Phone to phone .

Hardware

Para almacenar todas as túas fotos e apps tes unha memoria de 32GB (18GB dispoñibles para o usuario), que podes ampliar cunha tarxeta microSD ata 256GB. Tipo de bandexa de SIM: dúas tarxetas nanoSIM e microSD.

Poderás darlle a caña que queiras co seu procesador Kirin 659 16 nm Octa core e os 3GB de RAM. Desfruta ademais das vantaxes de Android Oreo e non teñas medo de quedar sen batería, grazas aos seus 3000 mAh.

E un último detalle, o Huawei P Smart admite dous dispositivos de audio Bluetooth simultaneamente.

Non sexas como Napoleón e #smartualizate co novo Huawei P Smart:


Non está nada mal, eh! Entra na nosa tenda móbilR e leva o teu:

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.