menú
Móviles de R Huawei Y7 2019

Móbiles de R: Huawei Y7 2019

23/07/2019
Blog R

Se buscas un móbil con gran pantalla e cámara con intelixencia artificial a bo prezo, este é o teu smartphone. Acabamos de incorporar o Huawei Y7 2019 ao catálogo de móbiles de R. Cambia xa de teléfono na nosa tenda móbilR. Lévao en cor azul por 8€ durante 24 meses.

Deseño

Pantalla grande de 6,26 polgadas HD+ (19: 9, 1520×720) con tecnoloxía IPS para unha maior saturación, máis claridade e cores naturais. A pantalla incorpora un notch superior en forma de pinga de auga. Mide 159 x 77 x 8 mm e pesa 168 g.

Huawei aposta por un deseño clásico coa parte traseira curva con textura cerámica que resulta moi agradable e cómoda ao tacto.

Para desbloquealo só tes que achegar a cara á pantalla. O seu desbloqueo facial 2.0 recoñécete rapidamente desde múltiples ángulos.

E utilizando o Easy Mode podes axustalo ás túas necesidades para que che resulte máis fácil manexalo: letras e iconas máis grande ou volume máis alto. Tremendamente útil para persoas maiores.

Cámara

A intelixencia artificial da dobre cámara traseira do Y7 2019 mergullarate na fotografía premium. Os seus 13+2 MPX e grande apertura f / 1.8 recoñece e enfoca facilmente os obxectos cunha maior entrada de luz. A intelixencia artificial optimiza cada foto en tempo real xa que identifica ata 500 escenas con 22 etiquetas.

E para os selfies non necesitas andar editando cada foto. A súa cámara frontal de 8 MPX xa dispón de retoque automático para sacar o mellor de ti.

Hardware

O Huawei Y7 2019 ofrece un gran rendemento e fluidez executando varias aplicacións á vez. Conségueo co chipset Qualcomm 450 octa-core, a memoria RAM de 3GB e 32GB de ROM.

Para almacenar as túas fotos e aplicacións contas con 32GB (16GB dispoñibles para usuario), que podes ampliar ata 512GB cunha tarxeta microSD.

Móbil dual nanoSIM con sistema operativo Android 8.1 con capa de personalización EMUI 8.2 e unha potente batería de 3.000 mAh con tecnoloxía de aforro de enerxía IA.

Non está nada mal, eh! Entra na nosa tenda móbilR e faite con el.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.