menú
moviles-de-r-huawei-y7-2018-338x700-326x675

Móbiles de R: Huawei Y7 2018

06/07/2018
Blog R

Un dos últimos lanzamentos da compañía chinesa foi o Huawei Y7 2018. E xa está dispoñible no catálogo de móbiles de R.

Está considerado como o rei dos selfies, grazas ás funcións e efectos dos que dispón a súa cámara frontal. Conta cunha pantalla de 5,9” HD+ Huawei que inclúe unha relación de aspecto 18:9, un procesador octa-core 1,4 Ghz, un sistema operativo Android 8.0, 2GB de RAM, 16GB de memoria (8GB libres) e batería de 3000mAh. Pódelo levar en cor negra.

Deseño

O seu deseño Blue Mirror redondea a parte exterior do terminal. A parte traseira reflectora e rechamante coordínase perfectamente co deseño frontal e coa súa lixeireza grazas ao seu peso de 155 gramos e as súas medidas de 158,3mm x 76,7mm.

A pantalla FullView de 5,99” HD+ Huawei cunha relación de aspecto de 18:9 e un panel de vidro curvo 2,5D proporciona unha visión ampla. Ademais, conta coa función de pantalla dividida para poder facer dúas cousas á vez. Pero ollo, algunhas apps non permiten esta función. E do mesmo xeito que o Y6 2018, tamén dispoñible no catálogo de móbilR, permite realizar unha captura de pantalla a través dun só xesto con tres dedos.

Na parte traseira atópase o sensor de identificador de pegada dactilar que che permite acender o móbil, apagar a alarma, moverte polos menús e sacar fotos. E por se fose pouca seguridade, tamén conta coa función de recoñecemento facial, coa que poderás desbloquear o móbil coa túa mirada.

Cámaras

A cámara principal de 13MPX permíteche capturar imaxes claras e con efecto Cosplay co que poderás engadir complementos para disfrazarte, como en Snapchat.

Por outra banda, a cámara frontal de 8MPX e con lente Huawei AR conta coa opción de cambio de fondo, efecto de iluminación para cando hai pouca luz e tamén dispón do efecto Cosplay. Con todas estas características non haberá selfie que se che resista .

widget

Rendemento

Baseado no Android 8.0, o EMUI 8.0 aprende e optimizar de xeito proactivo a asignación de recursos e, xunto co seu procesador octa-core 1,4 Ghz, convérteno nun teléfono máis que intelixente .

Dispón dunha memoria RAM de 2GB, un almacenamento de 16GB (8GB libres) e, se non son suficientes, podes incorporar unha tarxeta micro SD de 256GB. Ademais, ten unha batería de 3000 mAh.

Tamén podes incluír dúas nanoSIM. Así terás no mesmo móbil o teu número persoal e do traballo.

Por se se nos esquece contarche algo máis sobre o Y7 2018, bótalle unha ollada e este vídeo.


Se xa estás decidido entra na nosa tenda de móbilR e lévao por só 8€ ao mes.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.