menú
Móviles de R Huawei Y6 2017

Móbiles de R: Huawei Y6 2017

02/11/2017
Blog R

O Huawei Y6 2017 incorpórase en novembro ao catálogo de móbiles de R. A marca chinesa unifica un deseño coidado e moderno, cun bo rendemento e conectividade nesta nova edición do Huawei Y6.

Telo dispoñible na tenda móbilR por 6€ ao mes durante 24 cotas e en cor negra.

Deseño

A súa parte traseira ten un acabado metálico o que fai que sexa máis cómodo para collelo. O seu deseño destaca polos seus bordos redondeados e por ser é un terminal moi finiño. Mide 144 de alto, 72 de ancho e 8 mm de grosor.

Cámaras

A fotografía é un dos seus puntos fortes xa que dispón dunha cámara de 13 PMX con flash dual tone que compensa as luces dunha escena para obter unha imaxe cuns tons moi reais e ofrece unha resolución de 1280×720. A súa cámara frontal é de 5 MPX e conta cunha lente de 84º e con flash adicional, así que non vai haber selfie que se resista .

A cámara tamén permite gravar vídeo cunha resolución FullHD a 30 fotogramas por segundo que poderás visualizar a través da pantalla de IPS LCD de 5 polgadas.

Hardware

O Huawei Y6 2017 dispón dun 2GB de memoria RAM e de 16GB de memoria externa (8 dispoñibles para o usuario) que se pode ampliar cunha tarxeta microSD.

O seu procesador é un Cortex A7 de 4 núcleos a 1,4 Ghz e cun sistema operativo Android 6.0. Conta cunha batería extraíble de 3000 mAH que che permite ata 10 horas de conversación. Ollo!, 10 horas se non estiveches antes navegando na redes ou fedellando nas apps que tes instaladas. Que nos coñecemos!

Este terminal e moitos outros telos dispoñibles no noso catálogo de móbilR.

> contrata aquí

Ata a próxima!

Gif de Just OK Tips

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

  1. Evencio di:

    As especificacións que se detallan son do Huawei y6 2016
    O Huawei y6 2017 ten 2gb de ram, 16gb de capacidade (8 para o usuario) e un quad core a 1.4 ghz.