menú
moviles de r huawei y6 2018

Móbiles de R: Huawei Y6 2018

12/06/2018
Blog R

Huawei presentou outra das súas novidades deste ano, o Huawei Y6 2018. E xa está dispoñible no catálogo de móbiles de R.

A súa característica máis nova é a identificación a través da cámara frontal co sistema “Face Lock” e xa non conta co lector de pegadas. A súa pantalla de 5.7” inclúe un display que permite adoptar unha relación de aspecto de 18:9. Ademais, dispón dun procesador quad-core 1.4 Ghz Cortex-A53, 2 GB de RAM, 16GB de memoria (8GB libres) e batería de 3000 mAh. E pódelo levar en cor negra por 6€ durante 24 meses.

Deseño

A nova incorporación do Huawei Y6 2018 destaca por un deseño elegante grazas á súa pantalla 2.5D, ou pantalla contour, que se caracteriza porque o vidro dos seus bordos está redondeado. O tacto mate da parte superior e a súa lixeireza tamén están en harmonía con esta liña de deseño.

A ausencia do lector de pegada como sistema de identificación axudou a mellorar o deseño do terminal. A compañía chinesa tomou a decisión de que o software do teléfono e a cámara frontal se encarguen de realizar esta función a través do sistema de identificación facial “Face Lock”.

Ademais de ser un deseño elegante tamén é cómodo. Experimentaralo cando realices unha captura de pantalla cun xesto con só tres dedos.

widget

Cámaras

Conta cunha cámara principal de 13MPX, que do mesmo xeito que a frontal de 5MPX, dispoñen de filtros incorporados que axudan a darlle un toque máis real ás túas fotos.

Se a túa debilidade son os selfies, poderás conseguir uns retratos perfectos grazas ao axuste manual e intelixente da cámara frontal. E cando esteas en situacións de pouca luz, poderás botar man dos seus efectos de iluminación con calidade profesional.

Rendemento

Co Huawei Y6 2018 poderás escoitar música, xogar moito e facer unhas fotos “ top”. Todo isto débese a que o terminal conta cun procesador quad-core 1.4 Ghz Cortex-A53 que combina cunha memoria de 2GB de RAM. E que tamén conta cunha das últimas versións do sistema operativo Android, concretamente a 8.0.

Este móbil inclúe unha versión mellorada da tecnoloxía Huawei Histen coa que poderás reproducir toda a túa música cun son optimizado a través dos auriculares. Ah!, tamén inclúe o modo karaoke que che permitirá cantar os teus temas favoritos.

E para gardar toda a túa música e todas as túas fotos dispón dun almacenamento de 16GB (8GB dispoñibles para o usuario). E por se non son suficientes, tamén tes a opción de ampliala cunha tarxeta micro SD, de ata 256GB.

E tamén dispón de dual nanoSIM, é dicir, poderás ter no mismo terminal o teu número persoal e o do traballo.

Para que vexas todas as vantaxes que che ofrece o Huawei Y6 2018 o mellor é que lle botes unha ollada a este vídeo.

 


> contrata aquí

Seguro que o queres ter xa , pois xa sabes, entra na nosa tenda de móbilR e lévao por só 6€ ao mes.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Jose di:

    Pra cando o Huawei P 20 PRO..Estou acadando por il.