menú
Móviles de R Huawei P30 Lite

Móbiles de R: Huawei P30 Lite con auriculares de agasallo

14/05/2019
Blog R

Seguimos incorporando membros da familia P30 ao catálogo de móbiles de R. El Huawei P30 Lite destaca especialmente en fotografía móbil: tripla cámara traseira 24+8+2 MPX e cámara selfie de 32 MPX con intelixencia artificial. Non perdemos de vista tampouco os seus 6GB de RAM ou os seus 128GB (64GB libres) de memoria de almacenamento. Entra na nosa tenda móbilR e lévao en cor aurora blue por 14€ durante 24 meses e uns auriculares FreeBuds Lite de agasallo.

Deseño

Pantalla grande de 6,15″ FHD (1080 x 2312) con notch superior en forma de pinga de auga. Está certificada e deseñada para que desfrutes dunha experiencia visual máis confortable para a túa vista.

Móbil estiloso de cómodo agarre con deseño delgado de vidro curvo 3D e atractivas cores con acabado en gradiente. Axústase perfectamente á túa man, grazas ás súas dimensións de 153 x 73 x 7,5 mm e 159 g. Huawei sitúa o sensor de pegadas dixitais para desbloquealo na parte posterior.

Cámara

Como che diciamos, o Huawei P30 Lite marca distancias na gama media cun terminal de tripla cámara traseira: lente gran angular de 24 MPX + lente ultra gran angular de 8 MPX + lente bokeh de 2 MPX. A cámara principal non queda atrás e vaise ata os 32 MPX.

Únelle a este equipo a intelixencia artificial e o resultado será como o dun estudo profesional. A tecnoloxía selfie baseada na intelixencia artificial embelece os autorretratos, a través do mapeo dos contornos e un algoritmo personalizado.

Ademais, a intelixencia artificial permite o recoñecemento de escenas en tempo real para un perfecto axuste automático.

Hardware

Móbil dual nanoSIM con 128GB (64GB libres) de memoria de almacenamento que podes ampliar con tarxeta microSD. Poderás gardar ata a lista da compra .

Sácalle o máximo partido ao Huawei P30 Lite cando xogas. A revolucionaria tecnoloxía de procesamento gráfico impulsada por GPU TURBO 2.0 darache gran velocidade e potencia.

Completan o seu interior, un procesador octa-core 1,7 Ghz, memoria RAM de 6GB e sistema operativo Android 9.0 con capa de personalización EMUI 9.0.1.

E para falar sen parar ata unha nova carga, nada menos que 3.340 mAh. Ademais, cárgase máis rápido e dura máis.

Huawei P30 Lite tamén ten o seu propio asistente para facerte a vida máis fácil. A tecnoloxía HiVision con intelixencia artificial identifica automaticamente información sobre as cousas que te rodean, traduce en tempo real un texto que escanees e moito máis.

Bonito por fóra e potente por dentro. Non dubides en facerte con el na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.