menú
Móviles de R Huawei P20 Lite

Móbiles de R: Huawei P20 Lite

09/04/2018
Blog R

O irmán pequeno da nova familia P20 xa está no catálogo de móbiles de R. O Huawei P20 Lite destaca polas súas cámaras. Ten unha cámara dual traseira con obxectivos de 16 MPX f2.2 e 2 MPX f2.4, e unha cámara frontal de 16 MPX f2.0. Sorprenderache o seu incrible deseño totalmente de cristal e unha nítida pantalla FHD+ de 5,84″ con notch superior. De memoria non anda nada mal, 64GB (32GB libres), e de batería tampouco, capacidade de 3.000 mAh e un sistema de carga rápida. Como ves, moi completo e a un prezo súper bo. Lévao en cor negra.

Deseño

Pantalla FullView FHD+ de 5,84 polgadas con cores vivas e alto contraste. Deseño totalmente de cristal, na parte dianteira e posterior, cun sólido marco de metal. Podes desbloquealo coa túa pegada dactilar situando o dedo no sensor da parte traseira. Mide 148,6 x 71,2 x 7,45 mm e pesa 145 gramos, moi lixeiriño e cómodo na man .

Cámaras

Coa serie P20, Huawei revoluciona a fotografía e o modelo Lite non queda atrás. Cámara principal dual con obxectivos de 16MPX e apertura focal f2.2, e 2MPX e apertura f2.4. con efecto de desenfoque profesional e un modo de gran apertura que pon ao alcance da túa man uns resultados incribles.

Para tunear as túas fotos, dispós dunha gran variedade de stickers de realidade aumentada. Un bigote aquí, un corazón alá e a sumar likes .

A cámara selfie ten 16MPX con apertura focal f2.0 e utiliza tecnoloxía de iluminación profesional para que os teus autorretratos saian luminosos e nítidos en calquera circunstancia.

Hardware

Para almacenar as túas imaxes e apps dispós de 64GB (32GB libres para o usuario), que non está nada mal, pero se non che chega podes ampliar a memoria cunha tarxeta microSD ata 256GB. Polo demais, tarxeta nanoSIM, memoria RAM de 4GB e sistema operativo android 8.0.

O teu Huawei P20 lite non irá retardándose co tempo. Desfruta do mesmo nivel de velocidade e rendemento durante máis tempo grazas ao seu procesador Kirin 659 de oito núcleos.

A súa batería de 3000 mAh durarache máis e cárgase aínda máis rápido.

Móbil moi completo, do máis novo do mercado en gama media e a un prezo moi bo. Entra na nosa tenda móbilR e faite con el.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

3 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Miriam Martinez Richieri di:

    Quisiera un movil Huwei p20 lite como hago para poder solicitarlo soy cliente de r

  2. Joan Manuel di:

    Al solicitar por la página esta modelo, cuanto tarda la entrega?