menú
Móviles de R Huawei P Smart 2019

Móbiles de R: Huawei P Smart 2019

29/07/2019
Blog R

Por menos de 10€ ao mes podes levar un móbil con dobre cámara e gran pantalla. Xa está dispoñible no catálogo de móbiles de R o Huawei P Smart 2019: máis cor, máis pantalla, máis calidade e máis rendemento ao mellor prezo. Lévao na nosa tenda móbilR en cor negra por 9€ durante 24 meses.

Deseño

Lévanse as pantallas grandes. Polo que Huawei e o seu P Smart 2019 che ofrece 6,21″ e resolución 2340 x 1080, cun deseño curvo en 3D, con textura brillante similar á cerámica, o que o fai moderno e cómodo na man. Mide 155 x 73 x 7,9 mm e pesa 160 g.

Na parte frontal superior atópase o notch coa cámara frontal, mentres que Huawei deixa para a traseira o sensor de impresións dixitais. Poderás desbloquear o teu P Smart 2019 cun só dedo, pero tamén coa cara. O desbloqueo facial permíteche acceder ao teu teléfono de forma rápida e segura.

Consciente de que pasamos moito tempo diante do móbil, Huawei trata de reducir o dano ocular co modo eye comfort que filtra a luz azul daniña das pantallas. Estes de Huawei están en todo .

Cámara

Mellora as túas fotos grazas á súa dobre cámara traseira. Sentirás as cores máis vivas e obterás o mellor efecto bokeh coa súa cámara de 13 MPX + 2 MPX. A súa cámara frontal de 8 MPX ofréceche selfies perfectos todos os días.

A intelixencia artificial converteuse nun imprescindible da fotografía móbil e o P Smart 2019 non é unha excepción. No caso das cámaras principais, a intelixencia artificial identifica 22 categorías e 500 escenarios en tempo real para fotos perfectas; no caso da cámara frontal recoñece 8 escenas únicas e optimiza as fotos ao momento.

Hardware

Se che gusta xogar co móbil, renderás ao máximo co seu procesador octa-core Hisilicon Kirin 710. A GPU Turbo mellora enormemente o procesamento de gráficos para que teñas unha experiencia de xogo inmersiva.

Como vai de memoria? Nunca te quedarás sen ela cos seus 64GB (32GB libres) e os seus 3GB de RAM.

Sistema operativo Android 9.0 e capa de personalización EMUI 9.0, que che permitirá entre outras cousas a compra intelixente co teu móbil. Só tes que escanear un produto co teu móbil ou premer sobre el nunha imaxe e mostrarache as ligazóns de compras das principais plataformas eCommerce.

Ademais, se necesitas batería, a súa capacidade de 3.400 mAh carga un 22% máis rápido.

Huawei supérase modelo tras modelo e co Huawei P Smart 2019 demóstrao. Lévao xa na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.