menú
Móviles de R Huawei Mate 20

Móbiles de R: Huawei Mate 20

13/02/2019
Blog R

Incorporamos ao catálogo de móbiles de R o Huawei Mate 20, un terminal que ten tantas cousas para destacar que non sabemos por onde empezar. Entra na nosa tenda móbilR e lévao en cor azul.

Destaca, principalmente, polo seu impresionante procesador Kirin 980 con NPU con intelixencia artificial, a súa cámara principal triple Leica de 12MPX + 16MPX + 8MPX e a súa cámara dianteira de 24MPX, a súa pantalla FHD+ de 6,53″ con cores vivas ou a súa gran batería de 4.000mAh que dura máis e se carga máis rápido.

Unha vez máis, a marca chinesa supera o imaxinable cos seus móbiles. Ademais, sacarás fotos pola noite sen necesidade de trípode, xa que emprega intelixencia artificial para estabilizar a imaxe e captar todo con gran detalle e nitidez. E a súa intelixencia artificial fará que a batería dure máis e teñas maior rendemento. Por último, lembra que contas cun procesador octa-core de 2,4Ghz, 4GB de RAM, 128GB de memoria (64GB libres) e Android 9.0.

Deseño

O seu deseño innovador destaca pola súa pantalla Dewdrop FHD+ de 6,53″ con 2244×1080 de resolución e que se axusta ao corpo do terminal sen ningún tipo de unión. Ofrece unha calidade full screen con cores rechamantes.

A súa parte traseira está fabricada en vidro antiescorregadiza, antipegadas e convérteo nun móbil cómodo e seguro de soster na túa man. Así evitarás que se escorregue na túa man!

E co Huawei Mate 20 esquece os cables á hora de proxectar un vídeo ou unha presentación nunha pantalla máis grande.

Para que te vaias facendo unha idea de como é este terminal, bótalle unha ollada a este vídeo.

Cámara

Outros dos elementos estrelas que conforman o Huawei Mate 20, xunto co seu procesador Kirin 980 con NPU, é a súa tripla cámara Leica,  de 12MPX + 16MPX + 8MPX e unha dianteira de 24MPX

Emprega a intelixencia artificial para mostrar a textura e cor de cada fotografía, estabilizar a imaxe e captar todo con gran detalle e nitidez, mesmo polas noites. Ademais, grazas á súa lente grande angular obterás unha perspectiva ampla, ata nos espazos máis reducidos.

Móviles de R Huawei 20 Mate

Hardware

Móbil dual nanoSim para que poidas compaxinar a túa vida laboral e persoal nun mesmo smartphone. En canto ao almacenamento, ten 128GB de memoria (64GB libres), así que poderás ter almacenadas todas as fotos do último ano e do próximo, e seguro que algún arquivo máis . E se aínda necesitas máis espazo, podes amplialo cunha tarxeta microSD de ata 256GB.

Conta cun procesador Kirin 980 con NPU con intelixencia artificial e outro octa-core de 1,92Ghz, que xunto con 4GB de RAM e o sistema operativo Android 9.0 convérteno nun dos terminais máis innovadores na actualidade.

Grazas á intelixencia artificial a súa batería de 4.000mAh dura máis e ten maior rendemento. E en só 30 minutos terás un 58% de batería, grazas ao modo de carga rápida.

Acertamos? Este é o móbil dos teus soños? Xa sabes pasa pola nosa tenda móbilR e lévao.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.