menú
Móviles de R Honor 20 Lite

Móbiles de R: Honor 20 Lite

28/05/2019
Blog R

Entre as últimas novidades do catálogo de móbiles de R atópase o Honor 20 Lite. Poñámoslle unha alfombra vermella ao novo de Honor que, co seu prezo insuperable, ofréceche 4 cámaras (a frontal de 32 MPX), pantalla de 6,2 polgadas, NFC e 128GB de memoria de almacenamento. Lévao na nosa tenda móbilR en cor negra por 10€ durante 24 cotas.

Deseño

Pantalla de 6,2 polgadas FHD+ con resolución 2340×1080 e relación de aspecto 19,5:9. Na parte superior verás un pequeno notch en forma de pinga de auga onde se sitúa a cámara selfie. No centro da parte traseira sitúase o lector de pegadas dixital para que poidas desbloquear o teu teléfono, pero tes outra opción, e é que o Honor 20 Lite inclúe un sistema de desbloqueo facial intelixente.

Para protexer os teus ollos, contas co modo confort que reduce a radiación da luz azul emitida pola pantalla. Así, aínda con pouca luz terás a vista protexida e evitarás a tensión ocular.

E por fóra brillará cada vez que o movas grazas á tecnoloxía de fotolitografía 3D. É dicir, ten unha cor dinámica en forma de prisma cun efecto brillante na parte posterior. Móveo e compróbao .

Cámara

Que a Honor 20 Lite xoga noutra liga tamén nolo demostran as súas catro cámaras.

Na parte traseira ten unha de 24 MPX con f/1.8 de apertura e IA que recoñece 22 categorías de obxectos, máis de 500 escenarios, para crear unha imaxe de nivel profesional.

Conta ademais cunha lente grande angular de 8 MPX e 120º para que poidas facer retratos de corpo enteiro ou capturar paisaxes con grande amplitude.

Completa a tripla cámara traseira un sensor de profundidade de 2 MPX.

No frontal terás, nin máis nin menos, que unha cámara de 32 MPX con apertura f/2.0 para os teus selfies. Ademais, conta con modo beauty para unha aparencia sorprendente e natural.

Hardware

Navegarás rápido e usarás con fluidez calquera aplicación co seu procesador octa-core Kirin 710 con 4GB de RAM. Sobe de nivel na experiencia de xogo grazas á súa tecnoloxía de aceleración de procesamento de gráficos.

Contas ademais con 128GB de memoria (64 libres) que podes ampliar cunha tarxeta microSD, batería 3400 mAh con carga rápida, dual nanoSIM, FM radio, NFC e sistema operativo Android 9.0 con capa de personalización EMUI 9.0.

O boca-orella está a ser a principal publicidade de Honor que, co Honor 20 Lite, volve demostrar que ofrece grandes móbiles a un prezo moi pequeno. Entra na nosa tenda móbilR e faite con el:

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Juan di:

    Pregunta. Esta marca no es la segunda marca de Huawei ❓❓