menú
moviles-de-r-honor-9-lite-337x675

Móbiles de R: Honor 9 Lite

11/07/2018
Blog R

O catálogo de móbiles de R incorpora o primeiro terminal Honor, a gama máis accesible de Huawei. Trátase do Honor 9 Lite que destaca por estar equipado con catro cámaras, cunha pantalla infinita Full HD+, cun dos últimos sistemas operativos, o Android 8.0, e unha tecnoloxía que fai posible que sempre teñas cobertura nos lugares máis perdidos. Lévao en cor azul por 8€/mes.

Deseño

As súas medidas de 151 mm de alto e 71,9 mm de ancho e o seu peso de 149 gramos convérteno nun terminal lixeiro, compacto e bastante fino, xa que ten un grosor de 7,6mm.

O exterior da Honor 9 Lite está cuberto por un cristal de vidro 2.5D viselado curvado nos bordos. Este material provoca o efecto espello e fai que a luz atravese todos os puntos do terminal.

Dispón da tecnoloxía de identificación de pegadas de cuarta xeración, é dicir, o desbloqueo faise moito máis rápido, en só 0,25 segundos. Este dispositivo atópase na parte traseira do móbil e está inserido dun xeito moi discreto. Tamén ten incluído un sistema de seguridade a nivel chip que evita que os hackers rouben os teus datos das túas pegadas dixitais grazas a un almacenamento cifrado illado.

A súa pantalla de 5,65” conta cunha definición Full HD+ con formato 18:9 que che permitirá ter unha visualización infinita.

Cámara

Incorpora unha dobre cámara dianteira e unha dobre cámara traseira, en total son catro cámaras as que ten este terminal.

A cámara principal conta cun sistema de dobre lente de 13 MPX e 2 MPX. Dispón do modo selfie panorámico e do efecto bokeh, permite que o fondo apareza desenfocado, cos que farás uns selfies moi profesionais. Tamén dispón do control de xestos, o que fará máis doado tomar instantáneas en grupo.

A cámara traseira ten a mesma lente que a dianteira e conta coa tecnoloxía de enfoque rápido PDAF (Auto Enfoque por Detección) coa que nunca perderás foco nas túas imaxes.

Rendemento

Inclúe un dos sistemas operativos máis avanzado o Android 8.0, con capa de personalización EMUI 8.0, o último procesador Kirin 659 octa-core e unha memoria RAM de 3 GB.

Conta dun almacenamento de 32GB (16GB dispoñibles para o usuario), non está nada mal . Tamén tes a posibilidade de incluír unha tarxeta micro SD de ata 256GB. Ademais, ten unha dobre rañura para inserir dúas tarxetas nanoSIM.

A súa batería de 3.000 mAh dispón do modo de optimización de enerxía de quinta xeración que permite máis tempo de autonomía cunha soa carga.

Para que te fagas unha idea de todas as características do Honor 9 Lite, bótalle unha ollada a este vídeo:

 


 

Outros

A experiencia no sector das telecomunicacións de Huawei levounos a incorporar neste novo terminal unha tecnoloxía que mellora a recepción de sinal en lugares nos que adoita haber pouca cobertura.

Se é o terminal que estabas a esperar, xa sabes, entra na nosa tenda móbilR e lévao en cor azul.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Paula di:

    Estoy contenta con los servicios,pero necesito renovar el móvil, si me dais una contraoferta y me hacéis rebaja en precio de promoción movil honor 9 lite, me quedo con vosotros, sino tendré que cambiar de compañía.saludos