menú
Móviles de R Honor 8x

Móbiles de R: Honor 8x (con Honor Band 4 de regalo)

03/12/2018
Blog R

O Honor 8x xa está no catálogo de móbiles de R. Falamos dun dos móbiles máis completos da gama media, empezando pola súa pantalla infinita de 6,5 polgadas e o seu corpo de vidro con efecto reflector, pasando por unha cámara traseira dual de 20+2 MPX e unha frontal de 16 MPX, ata chegar ao seu interior dotado dun procesador Kirin 710 actualizado con GPU Turbo e unha batería de longa duración de 3750 mAh. Aí é nada! Colle agora o Honor 8x en cor azul na nosa tenda móbilR e presume de alta gama pagando moi pouco, só 10€/mes durante 24 cotas.

Por certo, durante este mes de decembro, coa compra do teu Honor 8X en R, levas unha Honor Band 4 de regalo (valorada en 59€). Temos 450 unidades, co que non hai ningún tipo de sorteo, simplemente se entregan aos primeiros que compren o terminal.

Deseño

As pantallas grandes son o novo negro, e o Honor 8x chega ata as 6,5 polgadas Full HD sen marcos. Vive unha experiencia inmersiva grazas a un 91% cociente de pantalla, terás máis en menos espazo.

E agora que nos pasamos tanto tempo diante dunha pantalla, Honor pensou en reducir a fatiga visual. Dispón de tecnoloxía anti reflexos para días de moito sol e modo noite para suavizar a luz.

O Honor 8x está cuberto dunha película anti cegadora e ten un deseño especial texturizado para que presumas de móbil.

E para que poidas entrar nun abrir e pechar de ollos, desbloquéase rapidamente coa túa cara bonita grazas ao sistema de recoñecemento facial.

Queres velo?:

Cámaras

Honor pon a intelixencia artificial ao servizo da fotografía, recoñece ata 22 categorías e escenarios, aplicando os parámetros de edición automáticos. Serás un crack facendo fotos de deportes, grazas á velocidade de obturación automática e a súa detección de movemento. Así que vai poñendo os esquís.

A súa cámara traseira de 20 MPX + 2 MPX e apertura F/1.8 ofrecerache resultados perfectos mesmo de noite, poderás expoñer durante máis tempo sen usar un trípode. E para sacar a pasear o teu lado creativo, grava vídeos a cámara superlenta.

Para os selfies perfectamente iluminados e efecto bokeh dispós dunha cámara frontal de 16 MPX. E grazas aos algoritmos de intelixencia artificial, terás catro niveis diferentes de retratos de estudo.

Hardware

Voarás co seu procesador avanzado Kirin 710 e o procesador gráfico de alto rendemento que ademais reduce o consumo de enerxía.

Para almacenar todas as túas fotos e vídeos, o Honor 8x conta cunha memoria interna de 64GB (32GB dispoñibles para usuario), ampliables ata 256GB con tarxeta microSD.

Contas ademais con NFC, dual SIM, procesador octa-core 4×2.2 Ghz, sistema EMUI 8.2, 4GB de RAM, Android 8.1 e batería de longa duración de 3750 mAh.

Se hai unha marca que ofrece un gran teléfono ao mellor prezo esa é Honor. Leva o teu Honor 8x na nosa tenda móbilR.

> contrata aquí

Honor Band 4 de regalo aos 450 primeiros

Como che diciamos arriba, os 450 primeiros clientes que compren este mes en R o Honor 8X, levan a smartband Honor Band 4, valorada en 59€.

Conta cunha pantalla de vidro 2.5D resistente incluso a rabuñadas, monitoriza o teu sono, é somerxible ata 50 metros, mide o teu ritmo cardíaco en tempo real e ofréceche outras funcións como a identificación de chamadas entrantes ou rexeitadas, ou as notificacións de novas mensaxes.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Jorge di:

    Es posible pagar éste artículo por ejemplo, 50% adelantado y luego financiar el restante 50%?. Me interesa saberlo, gracias.