
Móbiles de R: Honor 8A
Unha das últimas novidades do catálogo de móbiles de R é o Honor 8A. Honor gañou a confianza dos usuarios en moi pouco tempo. Non é de estrañar vendo modelos como o Honor 8A: bo, bonito e a un prezo incrible. Telo dispoñible na nosa tenda móbilR en cor azul.
Destaca pola súa pantalla IPS de 6″ e unha resolución de 1560 x 720, a súa cámara principal de 13MPX e a frontal de 8MPX, a súa memoria de 32GB (16GB libres), o seu procesador octa-core, os seus 2GB de RAM, 3.000 mAh de batería e sistema operativo Android 9.0. Ademais, gozarás das vantaxes de ter dual SIM e lector de pegadas.
Deseño
Ten unha pantalla IPS de 6” baseada na tecnoloxía de cristal líquido cunha resolución HD+ de 1560 x 720. A súa relación co corpo do móbil é dun 87% a través dunha marxe moi estreita. No bordo superior, de 3,2mm, intégranse a cámara frontal, o sensor de luz, o sensor de proximidade e o receptor. Ademais, conta coa certificación de confort ocular TÜV Rheinland ter reducido a emisión de luz azul.
Na parte lateral, xusto debaixo do control de volume, atópase o desbloqueo de pantalla. E o desbloqueo facial a través da pantalla identifica máis de mil trazos faciais distintos, e mesmo se pode realizar na escuridade.
Cámara
A súa cámara cámara principal de 13MPX cunha apertura de f/1.8 permite que entre máis luz e sacar unhas mellores fotos pola noite. Dispón do efecto bokeh cun fondo preciso e como resultado terás unhas fotos moi profesionais.
A cámara frontal de 8MPX proporciona o modo de beleza intelixente para que non se che resista ningún selfie .

Hardware
Poderás sacarlle o máximo partido a este terminal grazas ao seu procesador octa-core, aos seus 2GB de RAM e o sistema operativo Android 9.0. Ademais, non terás que estar ao cargar constantemente grazas aos seus 3.000 mAh de batería e podes inserir dúas tarxetas SIM.
Dispón dunha memoria de 32GB (16GB libres) que poderás ampliar cunha tarxeta micro SD de ata 512GB.
A segunda marca de Huawei cada vez está a gañar máis usuarios, se ti queres ser un deles entra na nosa tenda móbilR.
Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.
Ata a próxima!
4 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
Y si quiero el terminal al contado o en menos meses de financiacion
Hola, Sergio.
El precio es el mismo pagándolo al contado que financiándolo. Si prefieres pagarlo al contado, se carga en la factura el precio completo sin problema. Si prefieres pagarlos cómodamente, puedes financiarlo. Y si en un momento decides irte de R, se cobran las cuotas pendientes.
Comentamos con cualquier duda.
Un saludo.
quiero un móvil económico y dudo entre el honor 8a, lgk11 y el xiaomi redmi 6. Me podríais aconsejar para decantarme po r uno de ellos?. Gracias
Hola, Begoña.
Como buen gallego, te responderé que depende. Es decir, los tres están bien, pero es ver qué necesitas o qué te gustaría más.
Por ejemplo, el Honor es el que tiene la pantalla más grande de los tres (6,1 pulgadas frente a las 5,3 del LG o a las 5,4 del Xiaomi).
El Honor y el LG tienen mejor cámara que el Xiaomi. Pero el Xiaomi y el Honor tienen un sistema operativo más actualizado.
La batería la tienen igual los tres. Y procesador te diría que es algo mejor el de Honor, pero para un uso básico te sirve perfectamente cualquiera de los tres.
Igual te he liado más, pero si me dices algo concreto, te intento orientar 🙂
Un saludo.