menú
Móviles de R Los chollos de agosto

Móbiles de R: os choios de agosto

01/08/2019
Blog R

Estrea smartphone este verán con estes choios do catálogo de móbiles de R. Leva o Samsung Galaxy S10 por 32€ cun pago inicial de 87€ e regalo dun bono de 200€ para trocar por voos de ida e volta en iberia.com, o Honor 20 Lite por 10€, o Xiaomi Redmi 6 por 5€ ou a Honor 8A por 5€. Entra na nosa tenda móbilR e faite co teu.

Samsung Galaxy S10

Samsung presenta a nova xeración de innovación móbil co Samsung Galaxy S10. Deseño extraordinario, pantalla de 6,1″ Infinity-O con AMOLED dinámico, sensor ultrasónico de pegada dactilar, autenticación biométrica, resistencia á auga e ao po, cámara intelixente de 5 lentes, batería intelixente de 24 horas (3.400 mAh) que podes compartir con outros dispositivos, memoria RAM de ata 8GB, almacenamento de 512GB (256GB libres para usuario), procesador octa-core 1,9 Ghz e android 9.0. Como ves, unha pasada.
É teu en cor negra por 32€ durante 24 meses cun pago inicial de 87€ e regalo dun bono de 200€ para trocar por voos de ida e volta en iberia.com.

Honor 20 Lite

O boca-orella está a ser a principal publicidade de Honor que, co Honor 20 Lite, volve demostrar que ofrece grandes móbiles a un prezo moi pequeno. Comecemos pola súa pantalla de 6,2″ HD con 1080×2340 píxeles de resolución. Que xoga noutra liga tamén nolo demostran as súas catro cámaras. Na parte traseira ten unha de 24 MPX con f/1.8 de apertura, un grande angular de 8 MPX e un sensor de profundidade de 2 MPX. No frontal terás, nin máis nin menos, que unha cámara de 32 MPX con apertura f/2.0 para os teus selfies. Navegarás rápido e usarás con fluidez calquera aplicación co seu procesador octa-core Kirin 710 con 4GB de RAM. Contas ademais con 128GB de memoria (64 libres), batería 3400 mAh con carga rápida, FM radio, NFC, dual SIM e sistema operativo Android 9.0.
Témolo en cor azul por 10€ durante 24 meses.

Xiaomi Redmi 6

Queres ter as mellores prestacións a un prezo moi, moi económico? O Xiaomi Redmi 6 é o que buscas. En primeiro lugar, ofréceche unha pantalla HD+ de 5,45″, cun deseño delgado e curvo para un mellor agarre. Queres desbloquealo coa túa pegada dactilar? Feito, desbloquea o teu móbil poñendo a túa pegada na parte traseira. Terás ademais unha cámara dual con flash de 12 MPX + 5 MPX con intelixencia artificial, para facer as mellores fotos. Engádelle outra cámara frontal de 5 MPX para os teus selfies. O procesador octa-core leva a eficiencia a outro nivel, xa que require de menos enerxía. Paréceche pouco? Pois engade a súa dobre SIM, os seus 32GB de memoria (18GB libres), as súas 3GB de RAM, a súa batería de 3.000 mAh e o seu Android 9.0 (personalizado con MIUI 9.0).
Lévao en cor negra por 5€ durante 24 cotas.

Honor 8A

O Honor 8A é un deses móbiles que te sorprenden tanto polas súas prestacións como polo seu prezo. Tes que mirar as súas características dúas veces para comprobar que un terminal tan económico che dea tanto. Por iso esta marca está a gañar usuarios moi rápido. Cun deseño de terminal de gama media-alta, ofréceche unha pantalla IPS de 6″ e unha resolución de 1560 x 720. A súa cámara principal de 13MPX e a frontal de 8MPX quitan unhas fotos únicas, que poderás almacenar nos seus 32GB de memoria (16GB libres). En canto a rendemento, sacaraslle o máximo partido co seu procesador octa-core e os seus 2GB de RAM. Desfrutarás das vantaxes de ter dual SIM e lector de pegadas. Por último, non terás que estar cargando continuamente grazas aos seus 3.000 mAh de batería e estarás á última co seu sistema operativo Android 9.0.
É teu en cor azul por 5€ durante 24 meses.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.