menú
Móviles de R Los chollos de junio

Móbiles de R: os choios de xuño

31/05/2019
Blog R

Marchando unha de móbiles. En xuño ofrecémosche estes choios no catálogo de móbiles de R. Leva o Samsung Galaxy S10 por 33€ durante 24 meses e un pago inicial de 109€, Samsung Galaxy A50 por 14€, Samsung Galaxy A20e por 8€ e LG K40 por 6€. Entra na nosa tenda móbilR e faite co teu.

Samsung Galaxy S10

Samsung presenta a nova xeración de innovación móbil co Samsung S10. Deseño extraordinario, pantalla de 6,1″ Infinity-O con AMOLED dinámico, sensor ultrasónico de pegada dactilar, autenticación biométrica, resistencia á auga e ao po, cámara intelixente de 5 lentes, batería intelixente de 24 horas (3.400 mAh) que podes compartir con outros dispositivos, memoria RAM de ata 8GB, almacenamento de 512GB (256GB libres para usuario), procesador octa-core 1,9 Ghz e Android 9.0. Como ves, unha pasada.
É teu en cor negra por 33€ durante 24 meses e un pago inicial de 109€.

Samsung Galaxy A50

Se es fan de Samsung, quererás ter o Galaxy A50. O primeiro que destaca é a súa pantalla de 6,4 polgadas con pantalla de extremo a extremo, con marco case inexistente, resolución FHD+ e cor Super AMOLED. En deseño terás o mellor: adáptase á túa man perfectamente, a súa traseira ten aspecto cristal e contas con pegada dactilar na pantalla para que a superficie sexa uniforme. Serás o que mellores fotos saca grazas ás súas catro cámaras. Por detrás tes unha cámara principal de 25 MPX, un grande angular de 8 MPX e unha cámara de 5 MPX para dar profundidade de campo. A iso, suma a cámara frontal de 25 MPX. A súa batería de 4.000 mAh proporciónache enerxía para todo o día, e co seu cargador rápido, nuns minutos o teu móbil volverá á vida. Non esquecemos tampouco resaltar o seu recoñecemento facial, o seu cartafol seguro, o seu procesador octa-core, os seus 128GB de memoria (64 libres), os seus 4GB de RAM e o seu sistema operativo Android 9.0.
Témolo en cor coral e negra por 14€ durante 24 meses.

Samsung Galaxy A20e

Samsung pensa en todos os usuarios e lanza na súa gama A o Galaxy A20e. É, sinxelamente bonito, como todos os novos modelos do fabricante coreano. Este novo smartphone conta con pantalla infinita de 5,8″ case sen marcos. Posúe, ademais, lector de impresións dixitais na parte traseira, nun deseño moi coidado. Non te poderás queixar das súas fotos, xa que vén con tres cámaras: unha traseira de 13 MPX e apertura f/1.9, outra traseira de 5 MPX f/2.2 e a frontal de 8 MPX f/2.0. En canto a rendemento, darache o máximo co seu procesador octa-core, os seus 3GB de RAM e a súa memoria de 32GB (16GB libres). Doutra banda, esquece cargar cada pouco o móbil coa súa batería de 4.000 mAh. E presume de estar á última co seu sistema operativo Android 9 Pie con One UI.
É teu en cor negra por 8€ durante 24 meses.

LG K40

Por que escoller o LG K40 e non outro móbil? En primeiro lugar, porque todos miramos o peto, e o LG K40 é económico, pero que non renuncia a grandes prestacións. Por exemplo, a todos nos preocupa que nos caia e nos rompa. Neste caso, é duro e resistente coma unha rocha. Foi verificado con probas utilizadas na industria militar dos EE.UU., como golpes, vibracións, humidade e cambios extremos de temperatura. Pero como nos gusta desfrutar, tes unha cámara principal de 16 MPX con intelixencia artificial para sacar as mellores fotos e outra para selfies de 8 MPX. Contas tamén con son envolvente DTS, semellante ao dunha sala de cine. Ademais, tes un botón directo para o asistente de Google. Que máis? Completan este fantástico móbil a súa pantalla de 5,7″ HD+, o procesador octa-core de 2Ghz, a memoria de 32 GB (18GB libres), 2GB de RAM, o sistema operativo Android Oreo 8.1 e a batería de 3.000 mAh.
Témolo en cor azul por 6€ durante 24 meses.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.