menú
Móviles de R: los chollos de enero

Móbiles de R: os choios de xaneiro

14/01/2020
Blog R

Este mes non renuncies a estrear móbil. Baixamos os prezos do Samsung Galaxy Note 10+ dende 42€ ao mes e do Samsung Galaxy A30s dende 10€ ao mes. Entra na nosa tenda móbilR.

Samsung Galaxy Note 10+

Descubre a potencia ao seguinte nivel co Galaxy Note 10+. Ten o mellor dun ordenador, dunha consola, dunha cámara e un lapis intelixente nun mesmo dispositivo. Co S Pen poderás realizar unha chea de accións tocando só o lapis: facer fotos, baixar o volume, cambiar o ángulo da cámara…

Deseño lixeiro, fino e ergonómico con pantalla de 6,8” Infinity-O Cinemática. Ten nada menos que catro cámaras: 16 + 12 + 12 MPX e unha selfie de 10 MPX.

Dispós de 256GB de almacenamento que podes ampliar ata 1TB cunha tarxeta microSD. Os seus 12GB de RAM, o seu chip HyperFast e o seu potente procesador de 7 nm permiten descargar arquivos e xogar en vivo a gran velocidade. E de autonomía irás sobrado grazas aos seus 4300 mAh, a maior batería xamais vista nun Note.

Leva o Galaxy Note 10+ en R en cor silver (plata) dende 42€ ao mes durante 24 cotas.

Samsung Galaxy A30s

Móbil grande de 6,4 polgadas, adáptase perfectamente á túa man grazas á súa confortable suxeición e curvas suaves. A pantalla Infinity-V e a intensidade de HD+ Super AMOLED, permitirache desfrutar ao máximo dos teus vídeos, series e xogos. Ademais, a pantalla incorpora o sensor de impresións dixitais.

O Galaxy A30s presume de ter tres cámaras traseiras: 25 + 8 + 5 MPX e unha frontal de 16 MPX para selfies nítidos e con efecto bokeh (desenfoque).

E por dentro?: procesador avanzado octa-core e unha RAM de 4GB que garanten un funcionamento fluído e eficiente. Memoria de almacenamento de 64GB (32GB dispoñibles para usuario), que podes ampliar ata 512GB cunha tarxeta microSD. E batería de 4000 mAh. con carga rápida de 15W.

Dispoñible en cores negra e verde dende só 10€ ao mes durante 24 meses.

Entra na nosa tenda móbilR e leva o Samsung que máis se axusta a ti. Non deixes escapar estes choios!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

10 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Xosele di:

    É onde está a rebaixa?. Cobrades 1008 euros por el, cando en internet xa se consigue por menos de 800 e enriba con permanencia. Vaiiia chollazo!!

  2. Avatar Francisco M de la fuente ponte di:

    Hola,hace un par de dias(13 de enero a las 14,40,me llamaron del numero 981079392),ofreciendome por fideliciacion,cambiar de movil,yo al decir que tengo un huawei p20lite,me ofrecieron un huawei P30lite.y conteste que lo iba a pensar,pero al dia siguiente me llamaron del 981065326,y al dar apagado,yo volvi a llamar y me contestaron que a mi no me habian llamado ni que me ofrecieran el huawei P30lite(24×9€),no existe ninguna oferta de fideliciacion,para cambiar el movil?,quiero cambiar el movil,y no mas de 250€

  3. Avatar Miguel Angel Mota Fraga di:

    Hola, en la competencia puedo acceder a un Huawey Nova 5T a un precio de3€ mes y un pago final de 89€ contratando por 39€ iva incluido llamadas ilimitadas y 60 GB a compartir, de no igualar ela me cambio con 2 líneas moviles