menú
Móviles de R Los chollos de julio

Móbiles de R: os choios de xullo

08/07/2019
Blog R

Marchando unha de móbiles. En xullo ofrecémosche estes choios no catálogo de móbiles de R. Leva o iPhone 7 seminovo por 18€, o Samsung Galaxy A40 por 9€ ou o Honor 8A por 5€. Entra na nosa tenda móbilR e faite co teu.

iPhone 7 seminuevo

Se queres un móbil para durar e brillar, o iPhone 7 7 leva o teu nome. Xa coñeces dabondo o deseño e o rendemento de Apple. Neste caso, o iPhone 7 é un smartphone accesible, cunha pantalla retina HD de 4,7″ que se axusta á palma da túa man de forma perfecta. Ofréceche tamén unha cuberta antipegadas e zoom para ampliar calquera contido. É, ademais, resistente ás salpicaduras, á auga e ao po, para que che dure moito tempo. O seu procesador Chip A10 Fusion está pensado para que renda ao máximo e aproveites as vantaxes do seu sistema operativo iOS 10, o máis persoal e seguro do mundo. As fotos do iPhone sempre son a envexa doutros fabricantes. Neste caso tes unha cámara de 12 MPX e outra frontal 5 MPX. Podes gravar tamén en 4K. Por último, quédanos falar dos seus 128GB de memoria (64GB libres), os seus 2GB de RAM e a súa batería de 1.960 mAh. É teu en cor negra por 18€ durante 24 meses.

Samsung Galaxy A40

O novo Samsung Galaxy A40 está recentemente saído do forno. Aposta por unha pantalla infinita de 5,9″, con resolución FHD+ e Super AMOLED. Redescubrirás a fotografía coas súas tres cámaras de fotos. Coa frontal de 25 MPX sacarás os mellores selfies; ademais, co modo Smart Beauty sempre sairás xenial. Desfruta tamén da súa cámara traseira dual cunha de 16 MPX e outra ultra grande angular de 5 MPX. Saca o teu lado máis divertido cos emojis e stickers personalizados grazas á realidade aumentada. Poderás gardar miles de fotos e vídeos cos seus 64GB de memoria (32 libres) e aproveitar ao máximo cada día coa súa batería de 3.100 mAh. Por último, notarás todo o poder de Samsung co procesador octa-core con 4GB de RAM e as vantaxes do novo sistema operativo Android 9.0. Témolo en cor azul por 9€ durante 24 meses.

Honor 8A

O Honor 8A é un deses móbiles que te sorprenden tanto polas súas prestacións como polo seu prezo. Tes que mirar as súas características dúas veces para comprobar que un terminal tan económico che dea tanto. Por iso esta marca está a gañar usuarios moi rápido. Cun deseño de terminal de gama media-alta, ofréceche unha pantalla IPS de 6″ e unha resolución de 1560 x 720. A súa cámara principal de 13MPX e a frontal de 8MPX quitan unhas fotos únicas, que poderás almacenar nos seus 32GB de memoria (16GB libres). En canto a rendemento, sacaraslle o máximo partido co seu procesador octa-core e os seus 2GB de RAM. Desfrutarás das vantaxes de ter dual SIM e lector de pegadas. Por último, non terás que estar cargando continuamente grazas aos seus 3.000 mAh de batería e estarás á última co seu sistema operativo Android 9.0. É teu en cor azul por 5€ durante 24 meses.

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.