menú
Móviles de R Chollos de enero

Móbiles de R: choios á vista

16/01/2019
Blog R

Facemos fronte á costa de xaneiro a base de choios no catálogo de móbiles de R. Cando conseguimos un mellor prezo no terminal, trasladámoscho inmediatamente. Por iso agora podes levar o Samsung Galaxy Note 9 por 30€ (+ pago inicial de 199€), o Samsung Galaxy A9 por 23€ ou o Samsung Galaxy J4+ por 7€. Entra na nosa tenda móbilR e faite co teu.

Samsung Galaxy Note 9

O Samsung Galaxy Note 9 está pensado para os que o queren todo, xa que sobrepasa as mellores expectativas. Como di Samsung, este smartphone con pantalla de 6,4″ e 2960×1440 de resolución permite facer posible o imposible. Grazas ao seu S-Pen con control remoto, á súa enorme potencia e á súa gran batería terás na túa man un terminal que será a envexa de todo o mundo. En primeiro lugar, a súa batería de 4000mAh non acabará nunca. Non terás que borrar nada tampouco grazas á súa memoria de 128GB, ampliable ata 512GB. Por outra banda, o seu procesador octa core 1,7 GHz darache o mellor rendemento, facendo todo nun abrir e pechar de ollo. É resistente á auga e ao po, ten unha cámara principal de 12 MPX+12 MPX e unha frontal de 8 MPX, ofrece dual SIM e Android 8.1. É teu en cor negra por 30€ durante 24 meses e un pago inicial de 199€. + info

Samsung Galaxy A9

Nin unha, nin dúas, nin tres, senón cinco cámaras trae o Samsung Galaxy A9. Na parte traseira ten unha cámara ultra grande angular, un teleobxectivo, unha de 24 MPX e cámara de profundidade, para que non se che escape nada. Aínda por riba, tes outra cámara frontal de 24 MPX para os teus selfies. Ademais, o seu deseño con traseira en cristal 3D, a súa pantalla de alta definición de 6,3″ de 1080×2220 farán que se che caia a baba. Bonito por fóra e por dentro, onde o seu procesador octa-core con 6GB de RAM che ofrece o máximo rendemento. Desbloquea o móbil coa túa pegada dactilar ou coa túa cara e espreme ao máximo o teu móbil coa súa batería de 3800 mAh, os seus 128GB de memoria (64GB libres) e o seu sistema operativo Android 8.0. Témolo en cor negra por 23€ durante 24 meses. + info

Samsung Galaxy J4+

As pantallas grandes pero que collen na túa man son un básico. Por iso as 6″ do Samsung Galaxy J4+ coa súa pantalla infinita HD+ serán o teu grande aliado. Gozarás do seu deseño compacto e redondeado, ademais da súa cor brillante, que lle dá ao móbil un toque de sofisticación e de estilo. Saca as mellores fotos coa súa cámara principal dual de 13 MPX e 5 MPX e flash. Para os selfies contas con outra de 8 MPX tamén con luz. Ofréceche ademais con pantalla multitarefa, son envolvente Dolby, desbloqueo a través da túa cara e carpeta privada segura. Rematan o conxunto o seu procesador quad-core de 1.4GHz, 2GB de RAM, 32GB de memoria interna (16GB libres), a dual SIM, o seu Android 8.1 e a batería de 3300mAh. Lévao en cor negra por 7€ durante 24 cotas. + info

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

11 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. fina di:

    como cliente fiel desde hace mas de 18 años y ahora que termina mi financiacion de movil, creo me merezco una buena bonificacion y ofertas un poco mejores. De lo contrario creo es el momento de cambiar, la oferta de otras compañias es muy tentadora. gracias

  2. Bernardo di:

    La verdad que alguna compañía me están haciendo unas
    ofertas muy tentadoras y me lo estoy pensando en hacer
    el cambio.

  3. Carmen di:

    Buenas tardes:
    Es de muy pesar decir que no estoy nada contenta con esta compañía, ya que en la opción de rebobina tienen películas del año del peruco(( expresión gallega)… Y desde que tengo contrastada la promoción, siempre hay las mismas películas… Yo desde luego no volveré a contratar R…me han decepcionado mucho. Un saludo

  4. José María di:

    Estoy de acuerdo con Fina y Bernardo los que llevamos tantos años en la compañía deberían bonificarnos mas.Tambien estoy pensando cambiar hay cosas muy interesantes por ahí.

    • Ola, José María.

      Claro que a premiamos. Aquí temos habitualmente concursos para os nosos clientes, convidamos a miles de clientes a desfrutar dos monólogos R, fixemos talleres para os nenos e ducias de concellos de toda Galicia, impartimos charlas sobre o uso responsable das novas tecnoloxías a nais, pais e titores, todas as semanas regalamos convites para ver aos equipos galegos na ACB e na Leb Oro, dámosvos 30GB gratis cada ano con internet comigo…

      Ningún outro operador realiza este tipo de accións cos seus clientes. En R cremos que é importante facer cousas e que os clientes sexades os primeiros.

      Un saúdo.

  5. Alberto di:

    Para empezar,decir que no soy trabajador de R ni nada parecido.Soy un cliente más que quiere dar su opinión.
    NO Entiendo a los clientes de R que por llevar “x” años (como puedo llevar yo) reclama a R, unos “regalitos o una “atencion”.Cuando firmamos el contrato en ningún apartado describe que al llevar “X” años como clientes,están obligados a regalarnos nada,cuando ya lo hacen y no damos las GRACIAS exigimos más.
    Si yo soy asiduo de un hipermercado,por ser cliente y comprar todos los meses allí,al cabo del año no me regalarán nada,ni en ciertos supermercados,ni en el kiosco,ni en el Zara,ni el gas,ni la electricidad…..y a partir de ahí podría nombrar,muchísimos ejemplos.
    Por eso demos GRACIAS ,por los Gigas,entradas a eventos,etc…que se preocupan de ofrecer y dejemos de ver las ofertas del vecino,que les aseguro que uno que a pasado por muchas empresas del estilo no he encontrado estabilidad,seriedad,rapidez y ofertas mejores que en R.Es la primera vez que puedo contar que llevo más de tres años,algo que NUNCA conseguí en otras del sector y aquí me quedo.Y aseguro que otras me han ofrecido por el cambio un terminal nuevo y un tv la misma empresa,pero de R no me muevo.Y termino como empecé,no soy trabajador de R ni nada parecido,soy un cliente SATISFECHO.

  6. JUAN CARLOS di:

    Van a darnos móviles y demás ventajas a clientes……….pasan de los clientes, se afeitan para arriba….
    Yo soy cliente de más de 10 años y por avería En Diciembre, quedé sin servicio en internet y de tv más de 2 días.
    Me acaban de contestar que no me corresponde “compensación”, así como lo leeis, toma moreno…….
    Trato al cliente de años??? ofertas??? buen servicio??? sin comentarios…………..de vergüenza!!!