menú
Móviles de R Los chollos de septiembre

Móbiles de R: os choios de setembro

03/09/2018
Blog R

Non deixes escapar estes choios do catálogo de móbiles de R. Cambia de móbil en setembro a moi bo prezo. Leva o Samsung Galaxy S9+ por 31€ (+ pago inicial de 199€) dentro da gama top, o Honor 9 Lite por 8€ na gama media ou o Huawei Y6 2018 por 6€ no segmento de entrada. Entra na nosa tenda móbilR e faite co teu.

Samsung Galaxy S9+

Se o Galaxy S9 é perfecto, o Galaxy S9+ é a perfecta perfección. Non só porque vai un paso máis alá na pantalla, ofrecéndoche 6,2″, con 16 millóns de cores e unha resolución de 2960×1440. Senón porque o seu procesador 1.7GHz octa-core fai lento a calquera fórmula 1. A cámara tamén ofrece unha experiencia incrible: permíteche converter unha foto túa en emoji, desbloquear o terminal ao recoñecer a túa cara e sacar fotos profesionais. A cámara principal de 12 MPX + 12 MPX adáptase á luz como o ollo humano: o modo F1.5 ofrece imaxes impresionantes con pouca luz e a apertura F2.4 captura as fotos máis nítidas. Por último, só nos queda falar dos seus 4GB de RAM, dos 64GB de memoria interna (50GB libres), do sistema operativo Android 8.0 con dual-SIM e da batería de 3.500 mAh. É teu en cor negra por 31€ durante 24 meses e un pago inicial de 199€. + info

Honor 9 Lite

Prepárate para desfrutar no Honor 9 Lite de catro cámaras. Tes unha cámara dual diante, de 13MPX + 2MPX. E outra detrás, tamén de 13MPX + 2MPX. Que máis se pode pedir? Terás as mellores fotos e selfies, con efecto bokeh se así o desexas. Vamos, que as túas imaxes estarán a outro nivel. Todo isto nunha pantalla infinita Full HD+ de 5,6″ que cabe perfectamente na túa man. Sente como se desbloquea en menos dun pestanexo, en 0,25 segundos. Desfruta da tecnoloxía que fai posible que teñas cobertura incluso nos lugares máis perdidos. Ademais, contas con Android 8.0, procesador Kirin 659 octa-core, RAM de 3GB, memoria de 32GB (16GB libre), dual nanoSIM e 3.000 mAh. Lévao en cor azul por 8€ durante 24 cotas. + info

Huawei Y6 2018

Música, fotografía, xogos, filtros personalizados, capturas con tres dedos e moito máis é o que che ofrece o Huawei Y6 2018. Como o amor entra polos ollos, descubrirás nada máis velo o seu elegante deseño de pantalla 2.5D. Un terminal lixeiro de 5,7″ que pega con todo e co teu ritmo. Se che gusta a música, nada mellor que este móbil capaz de producir 88 dB ao máximo, mantendo o matiz nas cancións. Selfies sempre perfectos coa súa cámara de 5MPX con flash, o complemento ideal da súa cámara principal de 13MPX. Ademais, as dúas cámaras admiten filtros incorporados con realidade aumentada para mellorar as túas fotos. Contas ademais con desbloqueo facial e por pegada dactilar, procesador quad-core 1.4 GHz Cortex-A53, 2GB de RAM, 16GB de memoria (8 libres) e batería de 3000mAh. Témolo en cor azul por 6€ durante 24 meses. + info

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.