menú
Móviles de R Los chollos de marzo

Móbiles de R: os choios de marzo

01/03/2019
Blog R

Marchando unha de móbiles. En marzo ofrecémosche estes choios no catálogo de móbiles de R. Leva o Samsung Galaxy S9 por 17€ (+ pago inicial de 199€), o Samsung Galaxy J6+ por 8€ ou o Huawei Y7 2018 por 7€. Entra na nosa tenda móbilR e faite co teu.

Samsung Galaxy S9

Samsung demostra unha vez máis co Galaxy S9 por que é o fabricante no que máis confían os compradores de móbiles. 8 millóns de usuarios xa desfrutan dun terminal de gama alta que non defrauda. A cámara de fotos adáptase como o ollo humano a distintas situacións: o modo F1.5 dáche fotos incribles con pouca luz e a apertura F2.4 ofréceche as imaxes máis nítidas. Ademais, grazas á realidade aumentada, convertes unha foto túa en emoji animado. E grazas ao seu recoñecemento facial desbloqueas o terminal facilmente. Contas ademais con pantalla infinita de 5,8″ con 2960×1440 de resolución e 16 millóns de cores. Darache o mellor rendemento grazas ao seu procesador 1.7GHz octa-core, os seus 4GB de RAM e os 64GB de memoria interna (50GB libres). Polo demais terás un Android 8.0 con dual-SIM e batería de 3.000 mAh. É teu en cor negra por 17€ durante 24 meses e un pago inicial de 199€. + info

Samsung Galaxy J6+

A pantalla infinita do Samsung Galaxy J6+ sorprende a propios e estraños. Os seus 6″ con resolución HD+ e o seu deseño lixeiro e compacto permítenche desfrutar do mellor contido. Encaixa perfectamente na túa man e transmite pura sofisticación. Ideal se queres presumir de móbil. Conta cunha cámara dual traseira, a principal de 13MPX e a segunda de 5MPX, para facer fotos con efecto bokeh de aspecto profesional. Redondean o conxunto o seu procesador quad-core 1.4Ghz, os seus 3GB de RAM, 32GB de memoria (24GB libres), a súa dual SIM, a súa batería de 3300 mAh e o seu sistema operativo Android 8.1. Lévao en cor vermella ou gris por 8€ durante 24 cotas. + info

Huawei Y7 2018

Se sempre quixeches un móbil con desbloqueo facial ou por pegada dactilar pero, por prezo non o podías permitir, aquí tes o Huawei Y7 2018. Un smartphone que cumpre con todo o que soñabas. En primeiro lugar pola pantalla FullView de 5,99″ HD. Calidade Huawei ao teu alcance, para que desfrutes incluso de multitarefa, dividindo a pantalla para cada app. Das fotos despreocúpate, porque a cámara principal de 13MPX e a frontal con 8MPX con flash garántanche as mellores instantáneas. Estarás á última co seu sistema operativo Android 8.0 (Oreo) e espremerás ao máximo cada app co seu procesador octa-core 1.4 GHz Cortex-A53. Para que non che falte de nada, contas con 3GB de RAM, 32GB de memoria (16GB libres) e batería de 3000mAh. É teu en cor negra por 7€ durante 24 meses. + info

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar María di:

    No entiendo la promoción que he recibido por mail del Día del Padre con el “estrena el samsung galaxy a7 con un descuento de 96€, por 7€ al mes(…)” pues si lo cojo con cualquiera de mis dos móviles me pone a 11€.
    Entiendo que tengo que añadir una tarifa o es que puedo cogerlo sin asociarlo a ninguno de mis móviles?
    ¿Me harían el descuento igual en mi cuota o ya es ese el que hace que salga a 7 en vez de a 11?
    Gracias de antemano.

  2. Avatar María di:

    Añado para aclarar lo que he leído que me lleva a confusión:
    promos para mí
    regala un galaxy A7 por el día del padre
    estrena el samsung galaxy a7 con un descuento de 96€, por 7€ al mes con cámaras de 24 + 5 + 8 MPX, pantalla de 6”, procesador octa core 1,6 GHz, 4GB de RAM y 64GB de memoria interna
    y si prefieres otro móvil tienes muchos más para elegir

    (habla también del seguro, no interesa a estos efectos)

    oferta válida hasta el 31/03/2019 o hasta la finalización de existencias. Si se reduce la tarifa móbilR o da de baja el producto de fijo, dejarán de aplicarse las ventajas de la promoción y el precio del terminal será de 11€/mes.