menú
Móviles de R Los chollos de agosto

Móbiles de R: os choios de agosto

03/08/2018
Blog R

Non deixes escapar estes choios do catálogo de móbiles de R. Cambia de móbil en agosto a moi bo prezo. Leva o Samsung Galaxy Note 8 por 25€ (+ pago inicial de 49€) dentro da gama top, o BQ Aquaris X2 por 12€ e a Honor 9 Lite por 8€ na gama media, ou o Wiko View por 7€ no segmento de entrada. Entra na nosa tenda móbilR e faite co teu.

Samsung Galaxy Note 8

O Samsung Galaxy Note 8 vén coa pantalla infinita máis grande. 6,3 polgadas que non poderás crer que collan perfectamente na túa man, grazas ao seu menor marco e ao frontal completo de cristal. Co seu S Pen poderás escribir notas sen desbloquear, debuxar os teus emojis ou crear gifs. En canto a rendemento, non atoparás nada mellor. O seu procesador octa-core de 10 nm e os seus 6GB de RAM daranche máxima rapidez. Desbloquea ao momento co seu escáner de iris ou de pegada dactilar ou co recoñecemento facial. Saca as mellores fotos dos teus amigos coa súa cámara principal de 12+12MPX e apertura de F1.7, e fai selfies profesionais coa súa cámara de 8MPX. Completan este móbil de gama alta os 64GB de memoria (50GB libres), a batería de 3300mAh e o sistema operativo Android 7.1. É teu en cor negra por 25€ durante 24 meses e un pago inicial de 49€. + info

BQ Aquaris X2

Imos que nos imos co BQ X2. Se che encantan as fotos, prepárate para a súa cámara principal dual con 12MPX con tecnoloxía Dual PhotoDiode, que che ofrece unha maior estabilidade de enfoque. Mentres, na cámara secundaria tes 8MPX e tecnoloxía que aplica efecto beleza, resalta e ilumina os rostros. Sente a súa pantalla infinita de 5,65” con resolución FHD e tecnoloxía Quantum Color+. E vive ao máximo a experiencia multimedia co seu procesador octa-core 1,8 Ghz e os seus 3GB de RAM. Para completar o equipo, contas con 32GB de memoria (16GB libres) e batería de 3100 mAh. Témolo en cor negra por 12€ durante 24 meses. + info

Honor 9 Lite

Prepárate para desfrutar no Honor 9 Lite de catro cámaras. Tes unha cámara dual diante, de 13MPX + 2MPX. E outra detrás, tamén de 13MPX + 2MPX. Que máis se pode pedir? Terás as mellores fotos e selfies, con efecto bokeh se así o desexas. Vamos, que as túas imaxes estarán a outro nivel. Todo isto nunha pantalla infinita Full HD+ de 5,6″ que cabe perfectamente na túa man. Sente como se desbloquea en menos dun pestanexo, en 0,25 segundos. Desfruta da tecnoloxía que fai posible que teñas cobertura incluso nos lugares máis perdidos. Ademais, contas con Android 8.0, procesador Kirin 659 octa-core, RAM de 3GB, memoria de 32GB (16GB libre), dual nanoSIM e 3.000 mAh. Lévao en cor azul por 8€ durante 24 cotas. + info

Wiko View

O deseño sen marcos e con acabado metalizado non é só para gama alta. Aquí tes o Wiko View como exemplo. Un terminal móbil cun prezo moi económico, pero cunhas prestacións inmellorables e un gran deseño. Desfruta da súa pantalla HD de 5,7 polgadas e saca selfies coa súa cámara de 16MPX. A cámara principal tampouco se queda atrás con 13MPX de calidade. Que todo isto che parece pouco? Pois tes 16GB de memoria (8GB libres), un procesador quad core 1.4 GHz e 3GB de RAM. Rendemento a tope. Por último, destacar o seu sistema operativo Android 7.1 (Nougat), a identificación por pegada dactilar e a batería súper completa de 2900mAh. Témolo en cor azul por 7€ durante 24 meses. + info

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.