menú
Móviles de R BQ Aquaris C

Móbiles de R: BQ Aquaris C

22/10/2018
Blog R

A marca española BQ lanzou un novo móbil, o BQ Aquaris C. E xa se incorporou ao catálogo de móbiles de R. Faite co mellor móbil da súa gama, con pantalla infinita, gran deseño e características de gama alta.

BQ define o Aquaris C como “Tamaño pequeno, pantalla colosal”. Realmente a súa pantalla infinita de 5,45″ colle perfectamente na túa man e fai que teñas a sensación de estar nun móbil de maior gama. Dispón dunha cámara principal de 13MPX e unha frontal de 5MPX, coa que conseguirás uns selfies perfectos. A súa batería de 3.000 mAh cárgase de 0 a 50% en pouco máis de 30 minutos, así non terás desculpa para non estar operativo . O sistema de recoñecemento facial ou por pegada dactilar, o procesador quad- core 1.4 Ghz, os 2GB de RAM e a memoria de 16GB (8GB libres) convérteno nunha moi boa elección á hora de pensar en cambiar de móbil. Podes levalo en cor navy black.

Deseño

A súa pantalla infinita de 5,45” de 720 x 1440px cunha relación de aspecto de 18:99 conta coa tecnoloxía Quantum Color+ grazas á cal poderás gozar dunha riqueza cromática de máis de 16 millóns de cores. O cristal 2,5D da pantalla fusiónase co deseño do terminal que destaca polo seu perfecto acabado e unha parte traseira de policarbonato.

O Aquaris C conta con dous sistemas de desbloqueo: con sensor de pegada dixital, situado na parte traseira do terminal e mediante recoñecemento facial a través da pantalla.

Cámara

Coa súa cámara principal de 13MPX poderás facer unhas fotos moi profesionais grazas ao seu sistema de enfoque ultrarrápido PDAF que che permitirá captar calquera momento antes de que se desvaneza no tempo e con calquera tipo de condicións de luz grazas á función HDR.

Móviles de R BQ Aquaris C cámara

A cámara frontal de 5MPX permitirá que te fagas uns selfies nos que vai ser imposible saír mal . Para conseguilos dispón de flash frontal con tecnoloxía LED, tecnoloxía de disparo rápido e algo tan útil como o selfie indicator, que che indica cara a onde tes que mirar para que non saias mirando “para Cuenca” .

Rendemento

Dispón dun dos procesadores líderes no sector da telefonía móbil, o Qualcomm Snapdragon quad core 1,4 Ghz e o sistema operativo Android 8.1.0 Esta combinación permite que poidas realizar varias tarefas ao mesmo tempo con este terminal sen ter problemas de conectividade.

E non teñas medo a quedar sen batería, porque grazas ao sistema de carga rápida Qualcomm Quick Charge poderás cargar de 0 ao 50% da batería de 3.000 mAh en pouco máis de 30 minutos a través do conector USB tipo C. O novo estándar de USB é reversible, máis potente e máis rápido.

A súa memoria RAM é de 2GB, o seu almacenamento é de 16GB (8GB libres), e se necesitas máis espazo para almacenar todas as túas fotos e resto de arquivos, podes inserir unha tarxeta micro SD de ata 256GB.

Se xa non queres esperar máis para telo, entra na nosa tenda móbilR e lévao por 6€ ao mes.

> contrata aquí

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.