menú
nokia 3310

Mobile World Congress: presentación de novos móbiles

09/03/2017
Blog R

A pasada semana celebrouse en Barcelona unha nova edición do Mobile World Congress na que se presentaron os novos terminais fabricados polos xigantes da telefonía a nivel mundial.

A volta de Nokia ao panorama da telefonía móbil foi do máis destacado do evento, tamén se esperaba o novo lanzamento de Samsung co S8 pero desmarcáronse e non o presentarán ata finais do mes de marzo. LG tamén deu un xiro nos seus móbiles, agora abandona os módulos, tal e como fixo co seu último terminal hai un ano o LG5. Doutra banda, a tendencia nos terminais pasa pola cámara dual.

Despois da nosa visita ao evento concluímos que cada vez hai máis móbiles pero dirixidos a nichos de mercados determinados, para nenos, para maiores, para os que non son nada coidadosos, para os que queren monitorar o seu fogar, etc. Pero ao longo deste evento houbo moitas máis novidades, non só en telefonía móbil, que che contaremos noutro post .

E se queres estar á última en tecnoloxía móbil a continuación contámosche sobre os móbiles máis destacados que se presentaron nesta edición do MWC.

Nokia 6

O regreso de Nokia foi un dos aspectos máis destacados do MWC. Volve con novos teléfonos de sistema android, Nokia 6, Nokia 5 e Nokia 3. Trátase dun terminal de gama media cun deseño clásico e sen moitas complicacións. E como reclamo a compañía finlandesa lanzou de novo o seu clásico 3310 renovado en varias cores.

Sony Xperia XZ Premium

Este terminal recibiu o premio ao “mellor smartphone novo” na edición deste ano do MWC. Destaca por conter un procesador “Qualcomm Snapdragon” de 835 a 2,5 Ghz que permite realizar unha navegación web súper rápida, xogar e ver vídeos sen interrupcións. Vamos, que con esta característica xa o podemos considerar un pepinazo .

A súa cámara inclúe o modo “Motion Eye” que capta movementos que non aprecia o ollo humano e ademais á hora de gravar vídeo permite captar 960 fotogramas por segundo en calidade HD, conseguindo así unha reprodución moito máis lenta. Tamén inclúe o modo “Cyber-Shot” que ofrece unha boa calidade de imaxe a pesar de ser captada con pouca luz.

E todas as fotografías e vídeos poderalas visualizar na súa pantalla de 5,5 polgadas cunha resolución 4K HDR do mesmo xeito que os televisores BRAVIA da mesma marca ofrecendo unha alta calidade de imaxe.

 

 

Huawei P10 e P10 Plus

A multinacional chinesa aproveitou este evento para presentar o seu novo terminal, o Huawei P10 e a súa versión máis grande o Huawei P10 Plus. A súa principal característica é que agora tamén inclúe a cámara dual con lentes Leica, o mesmo que fixeron o ano anterior coa cámara principal.

Así que as imaxes que captures con este terminal será como as dun auténtico profesional.

En canto ás súas características técnicas destaca por incluír o procesador “Kirin 960” que é o máis potente da súa gama de produtos e unha batería cunha capacidade de 3.200 mhA que permite unha carga rápida e segura.

 

 

LG G6

O novo móbil da firma coreana destaca por unha pantalla de 5.7 polgadas con “Fullvision” que ofrece unha maior calidade de imaxe e experiencia visual e que ademais non contén bordos o que demostra a súa aposta polo deseño.

A súa cámara de 13 MPX fará que se capturen as mellores fotos desde dous ángulos diferentes: o normal de 71º e gran agular de 125º.

E á hora de visualizar vídeos non queda atrás, contén o sistema “Dolby Vision” e HDR 10 que fan que os contidos se visualicen a todo cor e contraste.

Se es dos que necesitas que o teu terminal sexa todoterreo, este é o teu, porque é resistente á auga e ao po.

 

 

Moto G5 e Moto G5 Plus

Lenovo presentou os novos terminais da gama Moto G, o G5 e o G5 Plus que destacan polo seu novo acabado metálico.

Conteñen un procesador de catro e oito núcleos de “Qualcomm” respectivamente e unha batería de carga rápida “TurboPower” que permite ata seis horas de autonomía con soamente 15 minutos de carga.

Motorola tamén aposta forte pola calidade dos seus cámaras, de 13 MPX a principal e de 5 MPX a dianteira do G5 e de 5,2 MPX a do G5 Plus.

Ata a próxima!

Imaxe de nokia.com

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.