menú
Mobile World Congress Nokia 8110

Mobile World Congress: os móbiles que virán

05/03/2018
Blog R

O Mobile World Congress vén de pechar unha nova edición e deixounos presentacións de móbiles interesantes, que pronto chegarán ao mercado. Botamos un ollo aos smartphones que veñen pisando forte.

A anécdota púxoa Nokia, que chegou a Barcelona cunha reedición do Nokia 8110, o banana móbil que usaban na peli Matrix para buscar unha saída. Pero non foi o único que presentou, xa que nos trouxo o Nokia 8 Sirocco que incorpora Android One. O máis esperado era a presentación do Samsung Galaxy S9 e S9 Plus. Huawei non quixo dar a coñecer novos móbiles, pero si o seu portátil ultrafino, o Huawei MateBook X Pro. O mesmo lle pasou a LG, que nos ensinou a renovación do LG V30. De Sony coñecemos os Sony Xperia XZ2 e o XZ2 Compact e de Wiko, os View 2 e View 2 Pro.

Samsung

Como che diciamos, os coreanos presentaron o Samsung Galaxy S9 e S9 Plus. O as que gardaba Samsung na manga co seu novo buque insignia é unha cámara revolucionaria que se adapta como o ollo humano, grazas ao seu obxectivo Apertura Dual. Saca fotos incribles aínda con moi pouca luz. Ademais, a realidade aumentada convértete en emoji a partir dun simple selfie, darache para rirte un bo cacho . Tamén inclúe desbloqueo por escáner de iris.

Sony

Sony aproveitou o escaparate mundial do móbil para a posta de longo dos Sony Xperia XZ2 e o XZ2 Compact. Nesta ocasión apostan por unha pantalla de 5,7″ infinita HDR Full HD con vibración dinámica. E moi interesante, pioneiro en grabación de vídeo en 4k HDR para que teñas unha calidade de cine. Incorpora unha cámara de 19MPX, ten moi bo rendemento e unha batería que dura máis.

Sony Xperia XZ2


Sony XZ2 Compact

Nokia

Como vén facendo nos últimos anos, Nokia levou ao Mobile World Congress un dos seus móbiles máis míticos, nesta ocasión tocoulle a quenda ao Nokia 8110, alcumado banana pola súa característica cor. Agora incorpora 4G e Facebook . Unha xoia para os amantes do vintage .


Pero o fabricante finlandés non queda no pasado e acaba de presentar tamén os Nokia 1, 6, 7 e o Nokia 8 Sirocco. O Nokia 8 ten pantalla curva, dobre cámara de 12 e 13MPX, unha RAM de 6GB, 128GB de almacenamento e sistema operativo Android One. Como te quedas? Xeado :

Wiko

Os franceses levaron ao World Mobile Congress os seus novos View 2 e View 2 Pro, con pantalla panorámica de 19:9 e 6” para gozar máis dos contidos multimedia. De cámaras está moi ben, o View 2 ten unha cámara principal de 13MPX e a versión Pro, unha de 16MPX e grande angular de 120º. De potencia están ben dotados, o View 2 con 3GB de RAM e procesador octacore 1.4 Ghz, e o Pro con 4GB de RAM e procesador octacore 1.8 Ghz. Ambos montan Android Oreo.
Wiko View 2

LG

Este ano LG non aproveitou o evento para dar a coñecer o seu móbil insignia, pero si que levou o renovado V30, o novo LG V30s ThinQ, con intelixencia artificial en cámara e recoñecemento de voz. Esta tecnoloxía tradúcese en suxestións de modos na cámara segundo as condicións de luz e na posibilidade de navegar polos axustes ou usar apps coa voz. Polo demais, pantalla de 6 polgadas, cámara traseira dual de 16 e 13MPX, RAM de 6GB, batería de 3.300 mAh e Android Oreo.
LG V30s ThinQ

Huawei

Quedamos coas ganas de ver en directo o Huawei P20, o máis novo do fabricante chinés que veremos nos próximos meses. Dise, coméntase, que terá tripla cámara traseira. Teremos que esperar. A cambio, a compañía presentou o seu portátil ultrafino Huawei MateBook X Pro, un portátil de 13″, máis pequeno que un folio.

Esperamos poder incorporar pronto ao catálogo algunha destas novidades e que poidas desfrutalas.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.