menú
Apps de vinos

As mellores apps de viños

20/08/2018
Blog R

Se hai algo que une a hípsters e paisanos por igual é, sen dúbida, o viño. O teu móbilR converterache en experto, nivel catador, con estas apps de viños. Fotografa a etiqueta dunha botella e descubre as súas castes, notas de cata, prezo, maridaxe perfecta e moito máis. E non nos esquezamos dos viños de aquí, descubre as rutas dos viños de Galicia e síntete como en Falcon Crest . R recomenda o consumo responsable.

ENOTURISMO Galicia

App de Turgalicia para dar a coñecer as rutas do viño das cinco denominacións galegas: Ribeiro, Rias Baixas, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei. Pasea entre viñedos, cal Angela Channing , coñece a súa historia, visita as adegas e, sobre todo, saborea un bo mencía ou godello. Experiencia 100% recomendable.
Dispoñible para Android e iOS
Apps de vinos Enoturismo Galicia

Vivino: Escáner de vinos

Fai unha foto da etiqueta dun viño e descubre prezo, valoracións, recensións ou maridaxe procedentes de máis de 10 millóns de usuarios. Pero ademais, podes atopar as mellores ofertas e comprar online, descubrir tendas de viños próximas ti, facer a túa propia lista de viños favoritos, puntuar e compartir.
Dispoñible para Android e iOS

Wine-Searcher

O mellor buscador de viños no teu móbil. Busca o nome dun viño ou escanea a etiqueta do que che interesa saber as súas variedades de uva, produtores, prezos e críticas. Garda os teus viños favoritos e anota os teus comentarios acerca deles. A app indícache tendas próximas a ti, prezos e ata venda online. Así saberás que tempranillo non é levantarse temperán .
Dispoñible para Android e iOS
Apps de vino Wine-Searcher

El Sommelier vinos y maridaje

Non sabes con que viño acompañar unha carne asada? Déixate aconsellar polo Sommelier e acertarás. Selecciona un prato da lista e a app dirache o tipo de uva que mellor lle vai e o viño ideal para acompañalo. Ademais das castes, móstrache unha listaxe de viños e o seu prezo. Deixarás coa boca aberta o teu cuñado na próxima comida familiar .
Dispoñible para Android
Apps de vinos El Sommelier vinos y maridaje

Hello Vino: Wine Assistant

O teu asistente virtual de viño que responde as preguntas máis habituais para os non expertos en viño. A app aprenderá dos teus gustos para facer as recomendacións máis acertadas. Accede a unha guía con centos de variedades valoradas por profesionais do sector, atopa as maridaxes perfectas e almacena as etiquetas dos caldos que máis che gustaron.
Dispoñible para Android e iOS
Apps de vinos Hello Vino: Wine Assistant

ViWine. Elegir vino en restaurantes y tiendas

App ideal para ir de viños. En ViWine atoparás tendas e restaurantes próximos a ti, pero sobre todo unha axuda inestimable cando queiras pedir ou comprar unha botella de viño. Define os teus gustos e Viwine móstrache unha lista para que che sexa máis fácil elixir. Revisa as valoracións e comparte a túa propia experiencia.
Dispoñible para Android e iOS
Apps de vinos ViWine

Vinomanos – El vino en tu mano

Profesionais do xornalismo de viños asesórante sobre cal é o máis adecuado para cada ocasión. A guía de viños arxentinos máis completa con novidades e recomendacións. Funciona mesmo sen conexión a internet.
Dispoñible para Android e iOS
Apps de vinos Vinomanos

Delectable Wine – Scan & Rate

Fai unha foto da etiqueta dun viño e obtén de inmediato toda a información. A través desta app poderás seguir aos principais sumillers e enólogos, que seguro postean verdadeiras xoias para o teu padal.
Dispoñible para Android e iOS
Apps de vinos Delectable Wine - Scan & Rate

Toast Wine

Farto de anotar nun papel o nome dese viño tan rico que acabas de probar? Esta app é a túa solución. Garda e comparte os teus viños favoritos, descobre viños similares e recomendacións doutros usuarios. Ademais, Toast ofrece consellos prácticos sobre como almacenar as botellas ou como servir o viño.
Dispoñible para Android e iOS
Apps de vinos Toast Wine

Guía Vinos Gourmets 2018 Lite

A guía máis completa do mundo do viño editada polo Grupo Gourmets. Ideal para elixir un viño, visitar unha adega ou coñecer festas do viño. Nesta edición, 23 profesionais en activo analizaron máis de 4.300 viños en cata cega. Poderás atopar viños por filtro de prezo ou por puntuación.
Dispoñible para Android e iOS
Apps de vinos Guía Vinos Gourmets 2018 Lite

Bodegas de España – Vinos

Máis de 300 adegas se atopan detrás desta app, na que podes coñecer todo sobre as adegas, variedades, denominacións, notas de cata, noticias, ofertas e moito máis.
Dispoñible para Android
Apps de vinos Bodegas de España

Con este bo sabor de boca, tecnolóxico e con toques de 4G mesturados con wifi, despedímonos emprazándoche a probar estas apps. Encherás o teu móbilR de sabor .

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata a próxima!

Gif: http://despairintohope.tumblr.com

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.