menú
El iPhone 13 ya está en R

O iPhone 13 xa está en R

03/11/2021
Blog R

Xa chegou a R o último de Apple. Sé un dos primeiros en levar o novo iPhone 13 de 256GB. E moi pronto incorporaremos os iPhone 13 Pro e iPhone 13 Pro Max.

Só Apple é quen de xerar tanta expectativa co lanzamento de cada novo iPhone. E leva facéndoo dende hai 14 anos cos 33 modelos de smartphone que sacou. Chámalle exclusividade, chámalle ter o último… chámalle iPhone.

A cámara con superpoderes

Moitas das novidades da nova xeración iPhone 13 están na cámara. Apple presenta o sistema de cámara dual máis avanzado, cun novo grande angular que fai fotos cun 47% máis de luz e estabilización óptica para que non che saian movidas.

As versións Pro e Pro Max inclúen tres sensores grande angular, ultra grande angular e teleobxetivo de 12 MPX. Os mesmos píxeles que a cámara TrueDepth frontal para selfies, que ten as mesmas prestacións que as traseiras. A saber:

  • Vídeo en modo cine: este é o bombazo dos iPhone 13. Cambia o enfoque de maneira selectiva para dirixir a atención cara ao prota de cada escena, xogando coa profundidade que ti mesmo podes axustar..

  • Estilos fotográficos: non os confundas cos filtros. Os estilos aplican os axustes de cor necesarios a cada zona da imaxe, sen alterar os tons de pel.

iPhone 13

Deseño, resistencia e máis autonomía

Falar de iPhone é falar de deseño. Bordos planos, marco de aluminio e cuberta frontal de Ceramic Shield, máis resistente que calquera outro vidro. Ademais, resiste á auga.

Apple cambia a colocación das cámaras traseiras cos obxectivos en diagonal e fai máis pequena a TrueDepth frontal con tecnoloxía Face ID para que os desbloquees de forma segura.

A pantalla de 6,1 polgadas do iPhone 13 é Super Retina XDR con tecnoloxía OLED para maior contraste e brillo. A Pro de 6,1 polgadas e a Pro Max de 6,7 polgadas inclúen ProMotion que ofrece maior velocidade de fotogramas cando fai falta e aforro de enerxía cando non.

E en canto a batería, Apple sobe ata 2,5 horas máis a autonomía dos iPhone 13.

Chip A15 Bionic, o motor do iPhone 13

O novo chip A15 Bionic encárgase de disparar a velocidade, potenciar as cámaras, optimizar a autonomía e cambiar as regras do xogo, con gráficos ata un 30% máis rápidos.

E co sistema operativo iOS15, Apple quere mellorar a túa experiencia e privacidade. Entre as novidades: chamadas de FaceTime máis naturais, modos de ‘concentración’ para evitar distraccións, novo deseño das notificacións ou ‘texto en vivo’, que che permite interactuar co texto que haxa nas túas imaxes: chamar por teléfono, enviar un correo electrónico ou buscar unha dirección.

En R tes dispoñible o novo iPhone 13 cunha capacidade de almacenamento de 256GB.

Mira todo isto en acción:

E entra xa na páxina de móbiles de R para facerte co novo iPhone 13 por 37€/mes durante 24 cotas e pago inicial de 110€.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

5 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Maximiliano di:

    Pues estoy entrando en la pagina esa para ver los móviles disponibles y ese Iphone no está…

  2. Amanda Serantes Paraños di:

    Tengo pedido un Iphone desde el 5 de mayo y no hay existencias cuando estaba anunciado en la pagina web de R. No entiendo la tardanza y la falta de rigor en la publicidad de R.