menú
Móviles de R Huawei P30

Móbiles de R: Huawei P30 e Huawei P30 Pro

28/03/2019
Blog R

Os novos Huawei P30 e Huawei P30 Pro xa están no catálogo de móbiles de R.

Huawei lanzou os seus modelos insignia na gama alta, os P30 e P30 Pro, cos que volve revolucionar a fotografía móbil. Ata catro cámaras Leica traseiras, deseño elegante e confortable, carga de batería ultrarrápida, RAM de ata 8GB e memoria de 256GB (128GB dispoñibles para usuario) no modelo Pro. Lévaos en cor negra na nosa tenda móbilR.

Deseño

Corpo de cristal curvo 3D con bordos metálicos nunha pantalla OLED Full View deseñada para unha visualización máis ampla e con cores brillantes. Huawei sitúa o lector de pegadas na pantalla para que poidas desbloquealo comodamente e sitúa un pequeno notch na parte superior.

A versión Pro resiste a auga e o po grazas ao IP688. Agora que se achega o verán, imprescindible .

O Huawei P30 e P30 Pro teñen unha pantalla FHD+ con resolución 2340×1080 e 16,7 millóns de cores. O P30 ten 6,10 polgadas, pesa 192 g e mide 149 x 71 x 7,5 mm, mentres que o P30 Pro vaise ás 6,47 polgadas, pesa 165 g e mide 158 x 73 x 8 mm.

Cámaras

Como che diciamos, a serie P30 reescribe as regras da fotografía, superando case en prestacións a unha cámara de fotos.

Todas as túas fotos sairán máis iluminadas que nunca, a noite non será un problema. A regra de detección de cor foi reescrita por Huawei de RGB a RYB para obter máis luz nas imaxes. Ademais, a combinación do sensor SuperSpectrum, o ISP de Kirin 980 e o algoritmo de desenvolvemento propio, aumenta un 40% de luz.

Huawei P30 Pro
Ata 4 cámaras Leica, un SuperZoom10x para que poidas achegar o que máis que che gusta aínda máis. Case tocarás a lúa cun zoom de ata 50x.

Leica Quad Camera:

  • 40 MPX (lente grande angular, apertura f/1.6, OIS) + 20 MPX (lente ultra grande angular, apertura f/2.2) + 8 MPX (teleobxetivo, apertura f/3.4, OIS, SuperZoom)
  • Cámara TOF (Time-of-Flight) Huawei

Cámara frontal:

  • 32 MPX, apertura f/2.0

Huawei P30
Leica Tripla Camera:

  • 40 MPX (lente grande angular, apertura f/1.8) + 16 MPX (lente ultra grande angular, apertura f/2.2) + 8 MPX (teleobxetivo, apertura f/2.4, OIS)

Cámara frontal:

  • 32 MPX, apertura f/2.0

Mira de todo o que é capaz:

Hardware

Potencia non lle falta grazas ao chipset Kirin 980 octa-core, o primeiro de 7 nanómetros, que asegura un rendemento máis potente e un menor consumo.

O Huawei P30 ten unha memoria de almacenamento de 128GB (64GB dispoñibles para usuario) e unha RAM de 6GB. A versión Pro ofréceche nada menos que 256GB (128GB dispoñibles para usuario) e 8GB de RAM.

O sistema operativo é Android 9.1 con capa de personalización EMUI 9.1.

En canto a autonomía, vai máis que sobrado: 3.650 mAh para o Huawei P30 con carga rápida que che permite cargar o teléfono ao 60% de potencia en 30 minutos. O Huawei P30 Pro de 4.200 mAh consegue ata un 70% nesa mesma media hora.

Aquí che deixamos a presentación completa da serie P30, pero advertimos que podes facer ata flocos de millo :

É o momento de cambiar de móbil e equiparte coas mellores cámaras para as próximas vacacións. Entra na nosa tenda móbilR e faite con eles:

> contrata aquí Huawei P30
> contrata aquí Huawei P30 Pro

Lembra que podes seguir a nosas novidades en Twitter, Facebook, Instagram e na nosa canle de Telegram.

Ata pronto!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.